Cervo, 25 de outubro de 2016. Un millón cincuenta mil euros será a partida destinada a investimentos por parte do Concello de Cervo no presuposto do próximo ano 2017, que está en proceso de elaboración. Esta cantidade significa un incremento dun 13 por cento respecto á do actual exercicio.
O alcalde, Alfonso Villares, explicou este martes: “desde o Concello de Cervo seguimos traballando á hora de elaborar o presuposto municipal para o ano 2017 e agora mesmo xa temos definido o diñeiro que se vai destinar aos investimentos reais. A cantidade vai ser dun total de 1.050.000 euros, que supón un incremento dun 13 por cento con respecto ao deste ano, que foi de 929.000 euros. Polo tanto unha parte importante deste presuposto vai ir destinada a esta partida”.
O alcalde de Cervo detallou que “por unha parte, no que é a administración xeral, sobre todo para a compra de ordenadores, teremos unha partida de 11.000 euros. No apartado de urbanismo, saneamento e augas temos previsto gastar 705.000 euros, no de servizos sociais a cantidade prevista é de 155.000 euros, para educación, cultura e deportes temos dispostos 129.000 euros e para infraestruturas teremos outros 50.000 euros”.
Pola súa banda a concelleira de Facenda, Dolores García Caramés, declarou que “é un dato importante que nos indica que desde o Concello de Cervo estamos destinando cada vez máis diñeiro para acometer unha serie de obras que nós consideramos fundamentais dentro do concello. Hai que destacar esa partida de urbanismo, saneamento e augas, apartado no que imos seguir levando adiante esas infraestruturas fundamentais das que levamos falado nestes últimos anos en saneamento e abastecementos de auga. Aquí hai unha partida importante, que é para un viario que vai desde a rúa Galdín ata o centro de saúde de San Ciprián, obra para a que temos unha axuda da Xunta de Galicia de 300.000 euros, ao igual que en servizos sociais, onde temos outra axuda da Xunta de Galicia de 85.000 euros, concretamente para o mobiliario industrial do Centro de Día e Residencia”.
A edil de Facenda salientou que “de todo este diñeiro, descontado eses 385.000 euros da Xunta, serían 665.000 euros con fondos municipais. Por iso que desde o Concello imos apostar polo investimento para o próximo ano”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



