Cervo, 10 de outubro de 2016. O Concello de Cervo, a través das Delegacións de Sanidade e de Igualdade, organiza unha andaina que terá lugar o 23 de outubro a partir das 17 horas para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.
A concelleira de Sanidade, Manuela Méndez, anunciou hoxe que “o Concello de Cervo, con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama, vai organizar unha andaina polo paseo azul do Torno, en San Cibrao.
Partiremos do peirao no porto de arriba todo polo paseo ata as antigas fábricas de salgadura e logo ata a ponte medieval. Viremos despois ata a Casa do Mar, onde tomaremos un café. O Concello dará neste día a cada unha das persoas que participe na camiñada unha camiseta rosa cos slogans propios da conmemoración do día”.
Manuela Méndez salienta que “con este acto o que pretendemos é concienciar á xente da importancia de estar todos unidos para poder saber levar adiante formas saudables de vida, métodos de detección precoz e falar sobre un problema que non é soamente das mulleres senón da sociedade en xeral”.
A edil de Sanidade subliña que “dende Cervo tamén queremos estar aí aportando o noso grao de area para que se siga investigando nesta enfermidade e poder alcanzar nun futuro próximo un cen por cen da curación”.
Manuela Méndez rematou comentando que “para celebrar esta andaina invitamos a todos os veciños e veciñas que se queiran achegar o día 23 de outubro, aínda que o Día Internacional contra o Cancro de Mama é o 19 pero por ser mércores pasámolo ao domingo. Queremos convidar a todas as persoas que así o desexen, novos, novas, maiores, máis pequenos, quen queira, a que se acheguen a participar nesta concentración, que dende o Concello de Cervo queremos e pensamos que vai ser todo un éxito”.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



