Ribadeo, 28 de outubro de 2016. A Concellaría de Igualdade levará a cabo a campaña Ribadeo en Negro sumándose deste xeito á iniciativa que se desenvolve noutros 15 concellos de Galicia. Mariluz Álvarez Lastra invita a tod@s a participar vestindo de negro os escaparates e establecementos de hostalaría entre o 18 e o 28 de novembro, e usando roupa de loito en repulsa pola violencia machista.
A concelleira de Igualdade anunciou que “o Concello de Ribadeo acaba de sumarse a unha iniciativa que puxera en marcha o Concello de Santiago de Compostela para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero, que se chamaba a campaña Compostela en Negro, neste caso para nós vai ser Ribadeo en Negro. Ribadeo únese a outros concellos de todas as provincias de Galicia, concretamente na lucense están Lugo, Vilalba, Sarria e nós mesmos”.
A edil nacionalista salientou que “o obxectivo é que Ribadeo se vista de negro. A idea é que se vistan os manequíns, que se cambien os manteis dos restaurantes por uns de cor negra ou mesmo que cada persoa se vista cunha roupa de loito. Desde o Concello de Ribadeo estamos contactando con Acisa, co sector comercial, cos bares, coa hostalaría da nosa vila, cos centros educativos, co centro de saúde e con todas aquelas entidades que podemos achegarnos a elas para que se sumen a esta campaña”.
Álvarez Lastra lembrou que “o mesmo que o ano pasado fixemos un apoio e sensibilización contra a violencia de xénero cunha cadea humana, este ano pretendemos que durante todo este período do 18 ao 28 de novembro, que incluirá tamén o día 25 un acto central, sexamos capaces de tinguir a Ribadeo de negro en repulsa contra a violencia machista e contra os asasinatos de mulleres, que cada ano van en aumento”.
A responsable de Igualdade manifestou que “toda a campaña estará compartida nas redes sociais, en Facebook e en Twiter, e aínda que contactamos directamente non queremos esquecernos de ningunha persoa, de ningunha tenda, de ningún particular nin entidade, polo tanto facemos un chamamento a todas aquelas persoas que queiran participar a que se poñan en contacto co Centro de Información á Muller de Ribadeo no teléfono 982 120 739 ou que nos envíen un correo electrónico ao enderezo ribadeoennegro@gmail.com, onde nós lle facilitaremos toda a información da campaña e ademais tamén para que poida anotarse para recibir o material do que consta. Hai unha serie de cartaces uniformados para os escaparates, para as tendas, camisetas e demais material que se lles pode facilitar desde a área de Igualdade do Concello de Ribadeo”.
Mariluz Álvarez Lastra insistiu en que “non queremos esquecernos de ninguén. Polo tanto repito que facemos un chamamento a todas aquelas persoas que desexen participar na campaña Ribadeo en Negro, que se vai desenvolver no noso concello do 18 ao 28 de novembro, a que se poñan en contacto no teléfono 982 120 739 do Centro de Información á Muller”.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



