O Goberno da Deputación renovou totalmente as bases das axudas a deportistas individuais da provincia para premiar o esforzo competitivo e favorecer a actividade de persoas con capacidades diferentes, duplicando o orzamento para este colectivo con respecto ao ano pasado. Así o informou este xoves o responsable de Deportes. Pablo Rivera Capón avanzou que o Executivo Provincial aprobará na Xunta de Goberno deste venres estas subvencións, dotadas de 75.000 euros e de concorrencia competitiva, que poderán solicitar todos os deportistas lucenses que o desexen. O prazo abrirase previsiblemente este mesmo mes, unha vez que sexan publicadas na Base Nacional de Subvencións e no Boletín Oficial da Provincia.
Rivera Capón presentou esta nova programación nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez. Fíxoo acompañado polo Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, e distinguidos deportistas da provincia como o piragüista recentemente proclamado campión olímpico, Cristian Toro; o atleta participante nos Xogos Paralímpicos de Pekín 2008 e Londres 2012, Maximiliano Rodríguez; o gardameta do CD Lugo, Roberto Fernández e a ciclista do Cidade de Lugo, Sinda Fernández.
O Deputado de Deportes subliñou que “unha das metas que nos marcamos dende o Goberno Provincial coa total renovación da área de Deportes foi mellorar as axudas aos nosos deportistas, incluíndo novos criterios obxectivos e sociais en todas as convocatorias para favorecer a transparencia, a igualdade e a integración”.
En efecto, Maxi Rodríguez aproveitou a ocasión para eloxiar o incremento das axudas a deportistas con capacidades diferentes e sinalou que “dende fai anos son beneficiario destas axudas, que considero moi importantes para poder seguir cos adestramentos”.
Esforzo competitivo
O Goberno da Deputación decidiu establecer novos criterios de valoración para “unha concesión máis transparente e xusta, premiando o esforzo dos deportistas”. Por 1ª vez, se terán en conta os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais. A nova táboa de baremación é a seguinte:
POSTO PROBAS CAMPIONATOS DO MUNDO RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. MUNDO PROBAS CAMPIONATO DE EUROPA RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. EUROPA PROBAS CAMIONATOS DE ESPAÑA RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. ESPAÑA PROBAS CAMPIONATOS GALEGOS RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. GALEGOS PROBAS CAMPIONATO PROVINCIAL PROBAS CAMP. UNIV. GALEGO PROBAS CAMP. UNIV. ESTATAL PROBAS CAMPIONATO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL
1º 60 10 40 7 30 5 20 3 10 3 5 10
2º 54 9 36 6,3 27 4,5 18 2,7 9 2,7 4,5 9
3º 48 8 32 5,6 24 4 16 2,4 8 2,4 4 8
4º 42 7 28 4,9 21 3,5 14 2,1 7 2,1 3,5 7
5º 36 6 24 4,2 19 3 12 1,8 6 1,8 3 6
6º 30 5 20 3,5 16 2,5 10 1,5 5 1,5 2,5 5
7º 24 4 16 2,8 13 2 8 1,2 4 1,2 2 4
8º 18 3 12 2,1 10 1,5 6 0,9 3 0,9 1,5 3
9º 12 2 8 1,4 7 1 5 0,6 2,5 0,6 1 2
10º 10 1 6 0,7 5 0,5 3 0,3 2 0,3 0,5 1
Por participación en probas do respectivo campeonato, a partir do undécimo posto (incluído) 5 4 3 2 1
4 grupos de beneficiarios
As axudas, que terán un importe máximo de 2.000 euros e un importe mínimo de 300 euros cada unha delas, están dirixidas a 4 grupos de beneficiarios segundo a idade dos aspirantes a data de 31 de decembro de 2015:
– Ata 16 anos (todos os/as nacidos no ano 1999 e posteriores). Para este grupo destinaranse un total de 40.000 euros do orzamento total da convocatoria, fomentando o deporte base.
– De 17 ata 25 anos (nacidos/as no período comprendido entre o ano 1990 e 1998, ambos os dous incluídos). Para este grupo destinaranse 20.000 euros do orzamento total da convocatoria.
– De 26 ata 35 anos (nacidos/as no período comprendido entre o ano 1980 e 1989, ambos os dous incluídos). Para este grupo destinaranse 5.000 euros do orzamento total da convocatoria.
– Deportistas con capacidades diferentes (sen límite de idade) que participen nas distintas competicións e disciplinas. Para este destinaranse 10.000 euros do total do orzamento da convocatoria, o que supón o dobre que no 2015.
Poderán acceder ás presentes bolsas todos os deportistas da provincia de Lugo que posuíran ficha federativa durante o ano 2015 e que dende o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do 2015, participaran en competicións deportivas oficiais, tanto de carácter provincial, galego, estatal como internacional, e manteñan na data de presentación de solicitudes a súa actividade competitiva oficial e federada.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



