Ante a proximidade do día 25 de novembro, no que se conmemora o Día Internacional contra a Violencia de xénero, o grupo municipal socialista, ven de presentar una moción para que, dentro dos actos institucionais que vaian facer por parte do Concello de Foz cara a esa data, se inclúa a renovación da placa colocada na rúa Xoán Montes co lema “En memoria das vítimas de violencia de xénero” que esta está totalmente deteriorada.
Sabemos- explica a edil socialista Vanina Cabrera- que a sensibilización é fundamental para conseguir a complicidade da sociedade, por iso creemos que cada 25 de novembro ten que ser un momento especial para recordar as vítimas e xa que hai un acordo plenario de 3 de novembro de 2015, no que se aprobou por unanimidade unha moción do PSdG-PSOE para que cada 25 de novembro se coloque na fachada do concello unha pancarta de cor morado co lema ”contra as violencias machistas”, creemos que tamén é oportuno renovar dita placa e colocala nun lugar can maior visibilidade por parte dos cidadáns, como pode ser a praza do concello.
Os socialistas consideramos que a loita contra esta lacra non ten que ser solo de un día e recalcamos a importancia que ten acadar un pacto institucional contra as violencias de xénero, dotado cos recursos económicos suficientes para dar cobertura, as mulleres que a sofren e aos seus fillos e fillas todos os días e non fagan falta mais 25 de novembro.