Desde sempre, a misión das cegoñas foi a de levar os bebés recentemente nacidos aos brazos dos seus pais, voando sempre en grupos ou bandadas.
Pra iso, foron dotadas duns picos longos e fortes, unhas ás grandes e poderosas e unha forma de voar elegante e firme que lles fai poder percorrer grandes distancias ata chegar aos seus destinos.
Pero un día, Güilly, unha pequena cegoña, decidiu que xa era maior para levar un hatillo cun bebé aos seus pais, o cal, ao ter o pico cortiño, as ás pequenas, pero sobre todo, ao ser aínda pequeno e non poder seguir o ritmo de voo, a negativa da comunidade das cegoñas foi unánime.
Aínda que un día, sen saber moi ben como, as Cegoñas adultas esquecéronse un hatillo cun bebé moi peculiar.
Que pasará a partir de aquí?, Quen levará a ese bebé até os seus pais?…
Aquí comeza a gran aventura e unha historia cargada de diversión, humor e música, que realza a importancia da amizade, a solidariedade e a familia pero sobre todo, o importante que é voar sempre en grupo e nunca só, para protexernos dos perigos que nos podemos atopar.
Isto é o que ofrece “Güela Güela” de Galitoon, o único espectáculo dunha compañía galega no Museo Nacional del Prado. Baseada na obra “Concierto de aves” de FRANS SNYDERS, a solicitude do Museo Nacional del Prado, para a súa representación durante o 2015 e 2016, no marco, das actividades dirixidas ao público familiar e infantil que visita o Museo.
A súa representación no Teatro Pastor Díaz de Viveiro terá lugar o sábado 29 de outubro a partir das 18.00 horas.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



