A Deputación Provincial de Lugo dentro da súa área de Cultura achega ó salón de Actos da Casa da Cultura do concello do Valadouro, unha vez máis, dentro do programa de Buxiganga de Teatro afecionado, unha actuación co grupo de teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla e a obra “As Trece Rosas” o vindeiro sábado, 29 de outubro ás 20:00horas e con entrada de balde.
O grupo de teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla xurdiu como unha actividade máis da Biblioteca, dentro das programadas como animación á lectura, co fin de que a biblioteca se convertise nun centro de socialización e convivencia de persoas de diferentes idades e formación cultural.
A primeira actuación tivo lugar o 25 de decembro do ano 1995, na Casa da Cultura de Antas. Desde aquela actuaron por toda Galiza e até fóra da nosa Comunidade, como en Bilbao, Barcelona… No 2006 acadaron o 2º Premio GZCREA da Xunta de Galicia, quedando no ano 2010 finalistas en dito certame. Desde 1996, contan cun profesor, José Jorge García (Jouse), que tamén dirixe as obras.
Cada tempada fan unha convocatoria para aqueles veciños e veciñas que queiran formar parte do grupo. Na actualidade conta con máis de 50 membros entre os 4 e os 60 anos.
O traballo que van achegar ó Valadouro o vindeiro sábado leva por título “As trece rosas”. Unha obra que homenaxea a trece mulleres que, o 5 de agosto de 1939, foron executadas por estar acusadas de rebelión contra a causa nacional durante a guerra civil. O seu final foi un dos episodios máis crueis da represión franquista. Pola súa mocidade, recibiron o apelativo das trece rosas e a súa historia converteuse nunha das máis conmovedoras daquela época marcada polo feixismo e o odio fratricida.
A concellaría de cultura do concello de O Valadouro convida a asistir a unha representación histórica “AS TRECE ROSAS” do grupo da Biblioteca de Antas de Ulla o vindeiro 29 de outubro ás 20.00 horas. Como de costume, entrada de balde.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



