Lugo, 20 de outubro de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular amósase moi crítico polo retraso na presentación dos orzamentos para 2017 por parte do equipo de Goberno na Deputación de Lugo, unha circunstancia que, para os populares, é indicativa da “incapacidade” do actual equipo provincial para xestionar a administración lucense e traballar de “xeito coordinado e responsable na defensa dos intereses dos seus veciños”.
Pese a que os populares solicitaron por escrito hai tres semanas a convocatoria dunha reunión cos grupos da oposición para a elaboración dos presupostos do ano 2017 “a día de hoxe non temos novidade ao respecto o que nos deixa entrever a despreocupación do Goberno socialista e o noso temor de que se repita a situación sufrida na pasada anualidade”. As contas para 2016 aprobáronse no segundo trimestre do ano.
Polo de agora, a pasividade e a falta de implicación dos socialistas xa está a provocar que “de novo” se incumpran os prazos fixados legalmente para debater as contas, xa que a normativa establece que o Orzamento xeral deberá ser remitido ao Pleno da corporación antes do día 15 de outubro de cada ano para a súa aprobación, emenda ou devolución. Os populares reproban este incumprimento e lembran que en anteriores mandatos nos plenos ordinarios de novembro “debatiamos os orzamentos dos vindeiros anos e a falta de información lévanos a pensar que na sesión de novembro unha vez máis non teremos contas da Deputación e posiblemente nos expoñan unha nova escusa para xustificar de novo este incumprimento”.
O Grupo Provincial do PP lembra que durante os primeiros meses de Goberno do actual executivo socialista a “súa única preocupación foi a de centrarse nos conflitos internos do seu partido deixando sobre a mesa todos os asuntos de interese para a provincia e acumulando as urxencias”. Os populares lamentan que a situación non mellorase e se repitan retrasos na presentación dos orzamentos. “A présa dos socialistas e o seu traballo a contrarreloxo só o vemos nas campañas electorais ou en datas próximas”, lamentan.
Os populares piden “máis responsabilidade”, xa que “estamos ante un Goberno que non atende as súas competencias” ao tempo que lle recordan “que deben buscar un consenso coa oposición para sacar adiante os presupostos” polo que “pedimos de maneira inmediata a celebración da xunta de voceiros e coñecer o estado de elaboración das contas”.
Dende o Grupo Provincial do Partido Popular lembran que un retraso na aprobación dos orzamentos pon tamén en desequilibrio as economías das administracións locais e provoca unha parálise no investimento público na provincia de Lugo non sendo capaces de dar unha resposta “eficiente e como se nos demanda, aos nosos veciños e veciñas”.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



