O Pescados Rubén-Burela FS afronta este sábado a sétima xornada en Vista Alegre (18.30 horas) co FSF Rioja, que recala na Mariña como farol vermello de Primeira RFEF, con 1 punto. “O noso obxectivo é seguir sumando e avanzando semana a semana no xogo pero mañá non podemos confiarnos, porque o Rioja é un rival complicado de gañar aínda que non lle están indo ben as cousas neste inicio” advertía o técnico laranxa Lucas, na busca da cuarta vitoria consecutiva.
As rioxanas tan só puideron rañar algo na casa, fronte ao novel Leganés Masdeporte (1-1) na segunda xornada, con derrotas ante Ourense Envialia (1-0), Móstoles (5-0), Alicante (2-7), Roldán (8-1) e Gironella (1-3). Malia os resultados, o equipo de Carlos Moreno saltará ao parqué da Bomboneira mantendo un bloque que a tempada pasada xa non lle puxo as cousas doadas ás laranxas. “Na casa gañamos con 2-1, sufrindo e recorrendo á porteira xogadora. De Logroño temos moi ben recordo porque conseguimos alí o título de liga pero tamén foi moi rifado” reflexionaba así o adestrador focego sobre os últimos enfrontamentos coas rioxanas.
O tándem de Lucas e Julio non terá novidades na convocatoria. Shiori e Paula chegan con molestias.
Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 10. Lara, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 19. Paula, 26. Elvira
Convocatoria FSF Rioja: 1. Jesi, 2. Cris, 5. Gloria, 6. Carmen, 7. Patri, 8. Ainhoa, 10. Carro, 11. Nahia, 12. Silvia, 24. Sandra.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
