O Concello de Burela e Redrum Teatro Presentan o espectáculo “Noiteboa” protagonizado por Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo baixo a dirección de Alex Sampayo sobre un texto da súa propia autoría compartida con Borja F.Caamaño.
Este venres 21 de Outubro, o Auditorio da Casa da Cultura de Burela, acollerá, a partir das 21:30 horas, unha representación do espectáculo “Noiteboa” da compañía Redrum Teatro. A entrada será de 3 euros.
Producido co apoio da Xunta de Galicia e estreada cun grandísimo éxito de público e crítica no Teatro Principal de Santiago, “Noiteboa” é unha traxicomedia que transcorre durante a noite do 24 de decembro en Compostela.
“Unha data marcada polo reincidente roubo do neno Xesús da Praza do Obradoiro, un feito que acompañará aos nosos peculiares protagonistas durante a tradicional cea familiar. Unha reunión onde priman as aparencias e o máis inesperado pode tornarse realidade. Unha noite chea de risos, de ilusión e de oportunidades que sen dúbida os cambiará para sempre”.
Está protagonizado polos actores Mela Casal, Ernesto Cha e Guillermo Carbajo, caras ben recoñecibles polo público galego polos seus traballos en teatro e tamén en series míticas da TVG como “Mareas Vivas” ou “Pratos Combinados”.
A dirección vai a cargo de Alex Sampayo, director tamén coñecido polo seu traballo no sector audiovisual, no que dirixiu series como “El Internado” ou “Padre Casares”. Neste momento vén de presentar en varios festivais de todo o mundo a súa ópera prima “Schimbare”, unha longametraxe protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera.
Por este espectáculo, Mela Casal recibiu recentemente o premio María Casares á Mellor Interpretación Femenina Protagonista .
Trátase da sexta produción de Redrum Teatro, unha compañía fundada en 2009 que levou aos escenarios a obra de suspense “A Pensión” , protagonizada por Rosa Álvarez; os espectáculos familiares “Moito Conto” e “Roedores”, así como as comedias “Curriculum Vitae” , con Mónica García e Guillermo Carbajo, e “ Amor Flexible”, protagonizada por Mela Casal,Guillermo Carbajo e Tamara Canosa.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



