Tapia celebra as XXVI Xornadas Micolóxicas e o XX Memorial Sánchez Ocaña do 28 ao 30 de outubro.
VENRES 28 DE OUTUBRO DE 2016
Inauguración das XXVI Xornadas Micolóxicas e XX Memorial Sánchez Ocaña ás 19:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de Tapia de Casariego, polo presidente do Club Deportivo Básico “Marqués de Casariego” D. José Manuel Fraga González e a colaboración da Banda de Gaitas Mariño Tapiega.
Acto seguido teremos: “Charla para nenos Coñecendo o mundo dos cogomelos con Pepe” a cargo de José Eladio Díaz López (Pepe), socio do Club Deportivo “Marqués de Casariego” e afeccionado ao mundo da micoloxía.
“Entrega de premios do VIII Concurso Escolar de Debuxo sobre micoloxía”, realizado nos centros educativos do concello e organizado polo Club Deportivo “Marqués de Casariego” e o ANPA do Colexio Público “Príncipe de Asturias”.
– Visita, na carpa, ás exposicións de cogomelos, fotografías e os debuxos feitos polos escolares.
– Degustación dun chocolate quente con biscoitos, na mesma carpa.
SÁBADO 29 DE OUTUBRO DE 2016
Actividade amenizada pola Banda de Gaitas MARIÑO TAPIEGA
– Degustación ás 21:30 horas, na carpa situada na Praza de Campogrande, das distintas variedades de cogomelos preparados por Restaurante “El Álamo”.
– Sorteos de lotes doados por comerciantes e hostaleiros de Tapia e arredores.
– Festa a cargo da discoteca-móbil “MOURELLE”.
O prezo será 6 euros. Co billete de entrada, entregarase un número para participar no sorteo. Poderanse adquirir máis números ao prezo de 1 euro cada un.
DOMINGO 30 DE OUTUBRO DE 2016
Actividade amenizada pola Banda de Gaitas “MARIÑO TAPIEGA”
– Magosto ás 19:00 horas, na carpa sita na Praza Campogrande; con cucurucho de castañas, rapón, bolo preñado e sidra doce.
– Sorteos de lotes doados por comerciantes e hostaleiros de Tapia e arredores.
– Festa a cargo da discoteca-móbil “MOURELLE”.
O prezo será 6 euros. Co billete de entrada, entregarase un número para participar no sorteo.
SÁBADO 26 DE NOVEMBRO DE 2016
– Charla, terá lugar na Casa de Cultura de Tapia ás 20:00 horas “Cogomelos e agroecología dos castaños” a cargo de D. Jesús Branco García, Biólogo pola Universidade de Barcelona, especializado en micoloxía, Presidente dos Bolouros de Foz.
– Cea Micolóxica, ás 22:00 horas no Restaurante El Álamo de Rapalcuarto, Tapia. Sorteos de lotes doados por comerciantes e hostaleiros de Tapia e arredores.
– Festa a cargo da discoteca-móbil “MOURELLE” que nos servirá de colofón ás Xornadas Micolóxicas deste ano.
Tiques á venda en:
– RESTAURANTE “EL ÁLAMO, LIBRERÍA ARTE, FARMACIA ESTÍBALIZ PEÑARANDA e ESTANCO.
– Teléfonos do C.D.B. “MARQUÉS DE CASARIEGO” 659 000707 (Javi), 608 540 828 (Eva) e 689 175 515 (José Luis).
– o mesmo día na carpa.
PRAZAS LIMITADAS. ¡RETIRA O TEU TIQUET CON ANTELACIÓN PARA NON QUEDAR FÓRA!.
Dos días 2 ao 11 de decembro celebraranse as I XORNADAS GASTRONÓMICAS DOS COGOMELOS SILVESTRES DE OUTONO DA COMARCA TURÍSTICA PARQUE HISTÓRICO DO NAVIA”.
A inauguración será o 30 novembro en Navia.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



