A contratación seriada viola a intimidade.
Así de contundente, así de bruto; asemella unha frívola provocación mais non o é, é sinxelamente unha constatación, un feito obxectivo, irrefutable, meridiano, absoluto: a contratación seriada ou de adhesión viola o dereito fundamental á intimidade e á propia imaxe.
En termos de actualidade unha das novas máis relevantes destas datas ten que ver coa hipótese de que dúas das canles de comunicación do noso tempo, Whatsapp e Facebook, intercambiaran información das contas dos seus usuarios.
George Orwell na arquicoñecida distopía de 1984: “O gran irmán está observándote”.
As Autoridades europeas de protección de datos confirmaron en sentido negativo: Whatsapp non iniciará aínda este proceso ata que poida facelo con garantías, dando resposta ás cuestións e preocupacións plantexadas previamente polas axencias de protección de datos.
A Axencia Española de Protección de Datos xa iniciara de oficio, a principios do mes de setembro, unha investigación destinada a examinar as comunicacións persoais entre Facebook e Whatsapp, así coma os tratamentos que dita comunicación xera.
¿Hai motivos para a alarma? ¿Deberamos preocuparnos? A propia lei (15/1999 de 13 de decembro) de protección de datos, vixente dende o ano 1999, establece, en vía administrativa, a posibilidade de establecer sancións que van dende os 900 ós 600.000 € pola súa vulneración. Todo fillo de veciño estaría na obriga de dar cumprimento ó seu contido. ¿É necesario o endurecemento da mesma?
Para dar resposta a todas estas preguntas habería que rescatar outro concepto: a contratación seriada. ¿Qué é iso? Contratos predispostos, non negociados individualmente, con cláusulas abusivas pre-redactadas, de adehesión, nos que o contratista simplemente acepta as condicións xa establecidas. ¿Sóalle de algo toda esta parafernalia? ¿Resúltalle familiar?
Pois resulta que unha das realidades do noso tempo consiste en trocar toda a nosa información de carácter persoal a cambio dunha nova actualización da nosa aplicación de chat, ou do software do noso teléfono. O agasallo fai ó home coma o látego ó can, que dicía o vello proverbio esquimó.
Por iso, haberá que familiarizarse con ese atractivo paquete, co papel de celofán, con cada ornamento daquela nova realidade que chamamos contratación seriada, porque coa súa pirotecnia está a violar a nosa intimidade.
As relacións comerciais cambiaron o seu contido e o seu formato, as partes xa non se reúnen e acordan libremente, só asinan condicións xa establecidas.
Remato co eslogan do partido da novela de Orwell: “A guerra é a paz. A liberdade é a escravitude. A ignorancia é a forza.”
Que non traten de enganarnos, a lei que non reflicte a vontade libre é só un caramelo envelenado.
Pablo Álvarez Ramos




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



