O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto co alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo, e o concelleiro Mario Rouco Rey presentaron este martes no Salón de actos do Pazo de San Marcos a II Feira do Mel de montaña de Muras. O organismo provincial colabora con esta iniciativa cunha achega económica de 3.000 euros para poñer en valor os produtos da provincia e contribuír así a desestacionalizar o turismo.
Vidal Baamonde subliñou que “este evento constitúe unha oportunidade única para dar a coñecer o mel, un produto de primeira calidade na nosa provincia. En Muras existen, actualmente, 25 explotacións apícolas, con 1.000 colmeas, constituíndo un importante complemento para a gandaría da zona. Anualmente prodúcense entre 700 e 2.000 litros de mel, o que supón un notable complemento para as economías familiares. Froito do éxito da pasada edición este ano decidiuse ampliar a cita, na que esperan máis de 3.000 visitantes”. O Deputado remarcou que esta nova edición contribuirá a poñer en valor este produto que actualmente xa é un referente en toda a Comarca.
Dende o Concello, o Alcalde, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco, agradeceron ao organismo provincial a súa colaboración na promoción deste evento. Explican que o pretenden con esta nova edición é promocionar o Concello, realizando esta feira nunha das parroquias de Muras, o Viveiró, que esta situada a 10 quilómetros do centro da vila, e por outra banda, poñer en valor o mel da Montaña. Sinalan que este produto elaborase no corazón da Serra do Xistral, “por iso é unha mel unica”.
Por último convidaron a todos os lucenses e a todos os visitantes a acudir esta cita. “Esta fin de semana é unha boa ocasión para coñecer Muras, o seu entorno e todos os seus produtos autóctonos”.
O prezo de venta do mel será de 7.50 euros mínimo. Esta segunda edición contará cun total de 15 expositores, 9 de mel, e poderanse degustar todos os produtos autóctonos e de tempada, como queixos ou castañas. Ademais durante toda a fin de semana os asistentes poderán participar en diversas actividades relacionadas co sector apícola como, charlas informativas ou un showcooking da man de Álvaro Villasante, un recoñecido chef galego. A musica correra a cargo do grupo Axóuxere de Roupar, e da Escola de gaitas de Covas.
Actividades para nenos con obradoiro de cestería e ceras de mel
O programa diríxese a todo tipo de público, xa que tamén se inclúen actividades para nenos, como un obradoiro de cestería ou actividades con ceras de mel. De maneira complementaria, na Feira do Mel de montaña de Muras tamén haberá postos de licores e outros produtos autóctonos. Ademais, o Concello porá a disposición dos veciños un servizo gratuíto de autobús para facilitar que se achegue o maior número de persoas.
Programa
Sábado 19 de novembro
– Ás 17:00 horas.- Charlas formativas, por xentileza de Casa do mel de Goente; As charlas inclúen pausas para cata de queixos do pais con mel, e cata de distintos tipos de mel: Aproveitamento de produtos apícolas e Tipos de mel e as súas características.
– Ás 20.00 horas.- Degustación gratuíta de carne ao caldeiro
– Ás 20.30 horas.- Actuación musical
Domingo 20 novembro
– Ás 10:00 horas.- Feira do mel de Muras
– Ás 11:00 horas.- Apertura dos postos. Obradoiro de cestería
– Ás 12:00 horas.- Showcooking
– Ás 16:00 horas.- Obradoiro lúdico para nenos
– Ás 19:30 horas.- Fin da feira
– Ás 20:00 horas.- Actuación musical.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



