A carpa instalada pola Federación de Comercio A Mariña na praza do Concello acolleu este sábado á noite en Burela o sorteo de 2.000 euros en vales de compra para gastar ao longo dos próximos días nos locais asociados ao Centro Comercial Aberto da localidade. Repartíronse 10 premios de 100 euros en vales cada un, un de 200 euros, outro de 300 euros e un máis de 500 euros.
A campaña da Federación de Comercio A Mariña arrincaba o pasado 10 de outubro e concluirá o 26 de novembro. Ata o momento repartiu 8.000 euros en premios, dous mil en Viveiro o día 15, dous mil en Ribadeo o día 22, outro dous mil en Foz o 29 de outubro e os 2.000 euros de onte, 12 de novembro, en Burela.
Nas próximas semanas haberá tamén sorteos Xove e O Vicedo. O obxectivo da campaña é potenciar o consumo local. O próximo será o 19 de novembro.