Burela, 2 de novembro de 2016. O 13 de novembro, domingo, terá lugar unha nova edición do rastrillo popular, que organiza o Concello burelés. A inscrición para participar está aberta desde este mércores, segundo explicou o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil socialista contou que “desde este mércores, 2 de novembro, queda aberta a inscrición para participar no novo rastrillo popular na praza da Mariña, como de costume. Se o tempo non acompañase iriámonos á praza de abastos para estar a cuberto”.
José Díaz dixo que “isto é parte dese proxecto que temos entre a xente que está a participar sempre nesta cita, como vendedores, nestes rastrillos benéficos e o Concello. Entre todos decidimos darlle continuidade e desde o equipo de goberno apostamos por facer unha edición mensual, que se celebra o segundo domingo de cada mes durante as mañás, de 10 a 15:00 horas”.
O concelleiro de Cultura agarda que “se rexistre unha boa participación, tanto da xente que se achegue ao rastrillo como comprador, como observador ou como curioso, e os propios postos… agardo que manteñamos esa media de 15 ou 20 postos cada domingo, que poidamos consolidalo e que sexa unha cita coñecida para todos non só aquí en Burela, senón en todos os concellos limítrofes, que saiban que os segundos domingos de mes teñen este evento en forma de rastrillo benéfico aquí en Burela”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



