Que a nosa sociedade está en contra da LOMCE, e moi especificamente das reválidas, é xa agora unha certeza tan grande que non hai partido político, nin o que a impulsou, que non estea en disposición de iniciar un proceso de cambio da norma que máis rexeitamento cidadán leva colleitado en toda a nosa vida democrática.
Máis esa disposición ao cambio, que encubre en moitos suxeitos unha simple intención de maquillaxe, non é para nós unha moi boa noticia, nin é o resultado desexado do esforzo serio e rigoroso que levamos facendo dende o primeiro día que esa Lei nefasta foi simple bocexo de intencións. Para a Confederación ANPAS GALEGAS a actual realidade educativa non ten máis ca unha solución: derrogar esa norma, con absolutamente todos os seus efectos e consecuencias, retomar a situación previa e poñerse a traballar cara unha nova normativa educativa que realmente puxe polos dereitos de todo o alumnado, de toda a mocidade, e que entenda a educación como o lugar onde todos teñen acubillo, e no que se prepara ás persoas para vivir, non para traballar e dar rendemento económico.
É certo que, dentro da necesidade xeneralizada de facer desaparecer a triste realidade que a LOMCE trouxo, hai circunstancias que teñen un grao de urxencia que cobra unha moi espacial relevancia: nin a mocidade nin as súas familias podemos esquecer que o estudantado actual de 4º da ESO vaise enfrontar por primeira vez ao final deste curso académico a unha proba innecesaria, tal e como ocorreu coas avaliacións de 3º e 6º de primaria, o que sen dúbida terá a mesma resposta que aquelas tiveron os cursos anteriores.
E sobre todo non podemos esquecer que o alumnado que está a cursar 2º de Bacharelato, por exclusiva responsabilidade dos Gobernos español e galego, está a estas alturas de curso sen coñecer cal vai ser a proba que lle vai permitir acceder aos estudos universitarios, nin cales van ser os seus contidos, nin o seu procedemento avaliatorio; por primeira vez en décadas, e dun xeito innecesariamente precario, temos un curso que remata o bacharelato e descoñece como ten que preparar o seu futuro académico; e todo isto logo de que toda a sociedade, e moi nomeadamente esta Confederación, avisara durante anos da inconsistencia dunha norma que se implantou só para defender intereses económicos particulares.
Por iso, porque non queremos que a nosa sociedade viva cunha Lei como a LOMCE, porque non queremos que os nosos fillos e fillas fagan reválidas, con ou sen efectos académicos, e porque entendemos que o alumnado de bacharelato ten dereito a que o seu paso á universidade responda a un patrón programado e coñecido, esta Confederación está de acordo con todas as mobilizacións que se convoquen coa intención de acabar coas reválidas, e de derrogar á LOMCE, e estaremos alí onde ocorran para evidenciar ese acordo coa nosa presenza, ao carón dos nosos fillos e fillas.
En coherencia coa esa intención de apoio, convocamos a todas as familias galegas do Ensino Público á apoiar as mobilizacións que se realicen o próximo día 24 de novembro, en todas e cada unha das súas convocatorias, e para facer visible ese apoio convocamos ás familias de todas as etapas educativas (primaria e secundaria) a secundar a folga non enviando aos seus fillos e fillas a clase ese día, e participando nas manifestacións e concentracións que se celebren.
Non vai ser a primeira vez que masivamente digamos que non queremos esa Lei, que non é nosa, e que non a admitimos como tal, que queremos unha educación para todas e todos, onde todos teñamos reservado o noso posto para nos desenvolver como persoas, achegando a nosa común diversidade na construción dunha sociedade para todas e todos; ocorrerá outra vez, e será así cantas veces sexan necesarias.






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



