Ribadeo, 15 de novembro de 2016. Setenta establecementos comerciais e hostaleiros e 20 entidades participarán na campaña Ribadeo en negro, que terá lugar do 19 ao 28 de novembro. O Concello ribadense súmase deste xeito á iniciativa que se desenvolve noutros 15 concellos de Galicia. Mariluz Álvarez Lastra, a edil de Igualdade, invita a tod@s a participar vestindo de negro os seus negocios e anima á veciñanza a usar roupa de loito en repulsa pola violencia machista. Na campaña colaboran Acisa, o centro de saúde, os centros de ensino e o comité lila, así como todas as áreas e delegacións do Concello.
A concelleira nacionalista explicou que “con esta campaña, que estará na rúa, nos escaparates, nos restaurantes, queremos facer que a xente reflexione, se pare, lea e sexa consciente da gravidade desta lacra social. É moi importante a labor pedagóxica desta iniciativa. Temos que sensibilizar á poboación do grande problema que existe e por outra parte temos que facelos partícipes das accións que levemos adiante”. Álvarez Lastra lembrou o éxito da cadea humana do ano pasado e dixo que esta campaña ven darlle continuidade: “Ribadeo forma parte dunha rede de Concellos de todo o país, nós somos o máis pequeniño e é un orgullo para nós. Penso que o convite que nos fixeron para sumarnos a esta campaña é froito do traballo realizado ao longo dos últimos anos na Área de Igualdade”.
A edil de Igualdade dixo que “Ribadeo en negro, é unha campaña contra a violencia machista, que dará comezo este venres, día 19, e vai durar ata o día 28, pero iremos pouco a pouco uníndonos. Hoxe vedes os logos que temos nas camisetas que presentamos hoxe aquí, ademais diso facilitamos unha serie de material, desde salvamanteis aos restaurantes, camisetas, estes slogans que van poñer nos seus comercios. O que se trata é de que as tendas, os escaparates e aquelas entidades colaboradoras que participen se tingan de negro e se sensibilicen ao longo desa semana”.
Mariluz Álvarez indicou que “ao mesmo tempo marcamos uns espazos libres de violencia de xénero e temos uns espazos moi marcados por parte do Concello por iso facemos a rolda de prensa aquí. Decidimos que a Escola de Música, posto que ten un volume de alumnado moi potente polo tanto chega tamén a moitas familias, a moita cidadanía, que fora tamén un espazo libre de violencia de xénero. As profesionais e os profesionais do centro de saúde sumáronse tamén a esta campaña e esa instalación vai ser tamén un espazo libre de violencia de xénero, e todos os centros educativos, é dicir desde os centros de primaria, o colexio público Gregorio Sanz, o Sagrado Corazón que tamén ten secundaria, o Centro Integrado Porta da Auga e o IES de Ribadeo. Van facer actividades simultáneas ao que nós lles facilitemos ou lles propoñamos, hai un material específico para os centros educativos, pero iso non coarta a liberdade do que eles poidan facer ao longo de toda esta semana. Nós sabemos que hai iniciativas que van facer os centros e que existe unha páxina web en ribadeoennegro.gal, onde imos ir colgando todas esas fotos e todas esas iniciativas que se vaian facendo”.
A concelleira de Igualdade subliñou que “a día de hoxe podemos dicir que a campaña está sendo un éxito e que realmente a xente está concienciada posto que temos 70 establecementos e locais comerciais do noso concello que xa están adheridos, o cal non quere dicir que non se poidan adherir ao longo destes días mais. Logo temos outras vinte entidades, centros educativos, asociacións, o propio Concello e demais entidades particulares que se unen tamén, co cal estamos falando de que estamos irradiando unha actividade a cen espazos do noso concello”.
Para Álvarez Lastra “a campaña foi moi ben acollida e desde logo damos as grazas a todas aquelas persoas que desde o primeiro momento a acolleron e traballan nese ámbito. Non é tarde e hoxe queremos presentala con tempo de antelación para aquelas persoas, entidades e colectivos que queiran sumarse, aínda que o material xa está un pouco limitado, é moi fácil sacar da páxina web da plataforma, anagramas, logos e mensaxes, e nosoutros tamén lles poderíamos facilitar algo de material ou iniciativas para poder facelo, co cal aínda están a tempo”.
E engadiu que “como colofón o día 25 de novembro ás 12:00 horas imos facer unha actividade no parque dos nenos utilizando o palco da música que nos parece tamén un espazo importante para utilizalo. Hai unha serie de actividades previstas como unha performance, que van facer as nenas da Escola de Música, a lectura dun manifesto e outro tipo de actividades que desde os propios centros educativos ou persoas a título individual e particular queiran participar ese día e facer algo. Unha lectura de poemas, un chamamento, calquera actividade ten cabida. Hai algo que está organizado, pero hai moito de apertura e de ideas para que a xente poida unirse”.
Colectivos implicados
O presidente de Acisa, David Martínez, dixo: “primeiro parabéns ao Concello e a Mariluz, a concelleira de Igualdade, por facer este evento. Desde Acisa cremos que é moi importante loitar contra iso e entón nas tendas e nos demais negocios se facemos que nos nosos escaparates saian estas cousas eu creo que é moi importante. Aparte é unha data de consumo, pois coincide xusto co Black Friday, que é o venres negro, polo que tamén coincide a cor. Eu creo que é unha época na que xa empeza a haber máis xente nas tendas e así poder ver e concienciarse diso, que os nenos pregunten que é este cartel, que son estas cousas é moi interesante. Aparte tamén chega á hostalería, para a que hai cousas moi interesantes. Eu creo que todo o mundo vai poder entender que é unha lacra importante para todos, que hai que solucionar entre todos e contando con todo este equipo tan grande que temos agora mesmo aquí de asociacións, o Concello e Acisa, entre todos conseguiremos facer unha campaña moi grande e moi bonita”.
Paz Ramil, traballadora social no centro de saúde, explicou que “desde o centro de saúde no que se vai traballar é con mesas informativas en cada unha das 4 plantas, nas que se van poñer mesas con estes espazos libres de violencia e con información para as mulleres que se poidan sentir nalgún momento vítimas da violencia de xénero; que teñan información dos recursos e indicadores para entender que elas poden estar a ser vítimas da violencia de xénero; para que a poboación en xeral poida coñecer os recursos e vexa que o centro de saúde é un dispositivo que pode axudar ás mulleres a saír desta situación de violencia, que hai profesionais alí preparados e formados para poder traballar con esta lacra.E sobre todo o importante desta campaña é a súa transversalidade: que non somos unicamente un centro, que non son unicamente os servizos sociais, que non é unicamente o ámbito educativo ou o sanitario, senón todos á vez”.
Desde o Comité Lila do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo a súa voceira, Cristina, contou que “somos un total de 46 persoas, 30 mulleres e 16 homes, e vamos colaborar nesta campaña do Concello para axudar aos establecementos no reparto de material, porque somos conscientes de que necesitamos unha sociedade máis libre e con igualdade. No centro, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, vamos realizar outras actividades, como decorar o espazo lila, e tamén vamos axudar a outros lugares con esta iniciativa. Ademais vamos realizar un flashmob con toda a comunidade educativa para resaltar esta campaña e darlle máis visibilidade”.
Finalmente Francisco Javier Rodríguez Veiga, do Ceip Sagrado Corazón sinalou: valoramos moi positivamente este tipo de iniciativas levadas a cabo polo Concello. Agradecer que conten cos centros educativos. O noso compromiso é poñer o noso gran de area cos máis pequenos para formar e previr futuros comportamentos ou actitudes relacionados coa violencia de xénero. E Beatriz Dobaño do CIFP Porta da Auga dixo: “para los centros educativos es una campaña necesaria y obligada. Es una más porque dentro de todas nuestras actividades diarias debemos vigilar cualquier micromachismo y detectar cualquier comportamiento que consideremos que está fuera de lo que sería deseable”.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



