Santiago de Compostela,8 de novembro. Compromiso por Galicia quere expresar o seu rotundo rexeitamento a unha nova subida do IVE despois dos rumores e informacións que están aparecendo nas últimas datas, e como xa sufrimos numerosos recortes é o momento de falar claramente antes de que non haxa remedio.
Unha nova subida do IVE nos produtos de alimentación sería incomprensible e atacaría directamente o poder adquisitivo das persoas, poñendo a moitas familias nunha situación moi complexa.Volve a quedar claro que a recuperación da que falaban Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo é unha falacia. Non queremos que os cartos recadados sexan para tapar miserias de roubos e rescates
Xa estamos acostumados ao dobre discurso do PP, pero agora os partidos da oposición teñen moito que dicir e non poden ser cómplices dos burócratas da Unión Europea nin das políticas nefastas do goberno do estado. Non poden estar ao servizo das grandes multinacionais nin permitir máis carga impositiva para os que menos teñen.