A Xunta completará este ano o equipamento da nave de preparación e envasado de produtos pesqueiros de Celeiro, no marco do proxecto de modernización destas instalacións, dotado con máis de 1,1M€
A Mariña, 8 de agosto do 2025. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo este venres unha intensa axenda de traballo co sector marítimo-pesqueiro da Mariña, co fin de analizar o apoio da Xunta e de seguir impulsando a competitividade e sostibilidade da actividade que desenvolven os principais portos da comarca, tanto en termos de profesionalización como de comercialización.
Deste xeito, a dirixente autonómica adiantou que o seu departamento completará este ano o equipamento da nave de preparación e envasado de produtos pesqueiros do porto de Celeiro, cuxos traballos de mellora e acondicionamento remataron a finais de 2024. As dúas actuacións, equipamento e mellora, enmárcanse no proxecto global de modernización destas instalacións, dotado con máis de 1,1 millóns de euros, e cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa).
A actuación referida por Villaverde permitirá a adquisición de diversos equipos para facilitar o desenvolvemento do traballo na mesma, e súmase aos executados (acondicionamento de aseos, vestiarios, paredes e a redistribución de salas), contribuíndo con elo a por en valor estas instalacións de procesado de peixe que son únicas na contorna.
Xuntanzas de traballo en Burela
Previamente, a conselleira desprazouse ata o municipio burelés, onde se reuniu coa confraría de pescadores, a OPP-7 e con Armadores de Burela S.A (ABSA). No primeiro dos casos, abordaron as axudas Fempa concedidas desde 2023 por valor de máis de 3,2 millóns de euros, e que permitiron, entre outras actuacións, a renovación da nave de redeiras. Hai uns meses, lembrou Villaverde, Portos de Galicia tamén concedeu ao pósito a autorización administrativa para a xestión da nave de arrastre, un acordo clave para operatividade do sector pesqueiro deste porto lucense; e, en días pasados, o mesmo ente público outorgoulle a concesión para uso do edificio da sede por cincuenta anos cunha bonificación do 90%.
As conversas coa sociedade de armadores e a OPP centráronse nos retos que debe afrontar o sector, e que pasan por un reforma da Política Pesqueira Común (PPC) que se adapte ás súas necesidades, o apoio indiscutible da Xunta ante a sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo ás 87 vedas, así como en trazar novas alianzas para o aproveitamento dos plans de produción, a formación e o relevo xeracional, e aumentar a competividade da lonxa. Esta rula poxou o pasado ano 11,6 millóns de quilos, alcanzando un volume de negocio superior aos 58 millóns de euros, converténdose, en consecuencia, na cuarta de Galicia co maior movemento produtivo e económico. Tan só foi superada por Vigo, A Coruña e Ribeira.
A flota de ABSA está composta por 47 barcos pertencentes a diferentes censos e modalidades, que achegan o 54% da actividade. No ano 2024 operaron na lonxa 281 buques procedentes de ata 62 portos diferentes, destacando a frota de artes menores (95 barcos), cerco (68) e Gran Sol (36).




















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



