De Olano lamenta a “incompetencia do Executivo estatal” e sinala que “con Sánchez os españois pagamos máis impostos que nunca, pero temos peores servizos ca nunca e unhas condicións laborais máis precarias”
Lugo, 11 de agosto de 2025. O PP lucense leva ao Congreso a situación de Correos “ao borde do colapso” durante o verán pola falta de contratación de persoal para cubrir as ausencias por vacacións.
O Partido Popular condena a “política de contratación cero” por parte da empresa pública que deriva nunha “carga de traballo inasumible” – tal e como confirman os sindicatos- e, ademais, supón “o deterioro da prestación do servizo”.
Os populares explican que “se rexistran atrasos de máis dunha semana na entrega de correspondencia porque, moitas veces, a carga de traballo cun carteiro supera á carga que tiñan antes do verán dous carteiros”. E, “a situación é especialmente grave en comarcas como A Mariña que no verán case triplica a súa poboación habitual”, segundo indican.
Así, os deputados por Lugo -Jaime De Olano, Francisco Conde e Cristina Abades- e o deputado ourensán Celso Delgado diríxenlle formalmente preguntas ao Goberno de Sánchez para obter resposta por escrito sobre “as medidas que pensa adoptar Correos para dar solución a esta situación e, especialmente, para saber se vai proceder á contratación de persoal para cubrir as baixas por vacacións de verán para reforzar o traballo dos carteiros que se vén absolutamente desbordados”.
Os populares lamentan que “a incompetencia do Goberno de Pedro Sánchez a teñamos que pagar tódolos cidadáns, neste caso, coa empresa pública de servizo postal. A ausencia de contratación deixa centros colapsados, provocando atrasos xeneralizados e unha imaxe pública de Correos moi deteriorada nos medios de comunicación”.
“Con Pedro Sánchez os españois pagamos máis impostos que nunca, pero temos peores servizos ca nunca e unhas condicións laborais máis precarias”, conclúe De Olano.



















Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.



