Ribadeo, 8 de novembro de 2016. Esta tarde celébrase pleno ordinario no Concello de Ribadeo con varios asuntos de índole económica enriba da mesa: o prazo medio de pago a provedores, o pago de 200.000 euros en facturas a Sogama ou o IBI. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que o Imposto de Bens Inmobles non subirá nada en Ribadeo.
O rexedor explicou que “este pleno ordinario vai tratar, sobre todo, da gobernanza, das contas municipais, de seguir adoptando acordos para que a economía municipal siga indo paseniño por este vieiro de estabilidade, de crecemento pouco a pouco que estamos realizando ao longo destes últimos anos aquí en Ribadeo. De aí que, ademais de dar conta dos períodos medios de pagamento de facturas trimestrais, que para a época que trata que é a do terceiro trimestre deste 2016 superou un chisquiño o límite dos 30 días, concretamente chegamos aos 31 días, un día máis do que ven sendo habitual, debido ás vacacións do persoal deses departamentos económicos”.
Suárez Barcia dixo: “pero entendemos que o máis importante que trataremos é que en función dos acordos co superávit que tivemos da liquidación do último exercicio económico levamos a este pleno o acordo de aprobar as obrigas pendentes de pago, sobre todo de facturas de Sogama, desta empresa pública da Xunta de Galicia que tiñamos pendentes de aprobar por un importe grande, de aproximadamente 200.000 euros”. O alcalde lembrou que “este Concello de Ribadeo e outros moitos discrepabamos da suba unilateral que a Xunta aplicou ao prezo da tonelada de residuos que nos recollen. Finalmente varios Concellos de Ourense e de Lugo interpuxemos ao Tribunal Constitucional unha queixa, pero non foi admitida a trámite. Nós intentamos defender os intereses municipais ata o final, non puido ser e agora non queda outro remedio que aprobar aquelas facturas pendentes e é do que se trata”.
Fernando Suárez indicou: “e a outra parte restante deste superávit, aproximadamente 250.000 euros, tería que ir para a amortización da totalidade dun crédito que temos desde hai varios anos. Neste caso o capital vivo pendente aínda era superior, 310.000 euros, polo que incluso agora amortizamos mais do requirido legalmente”.
O alcalde tamén aludiu ao IBI: “un tema económico que está de actualidade tanto neste como noutros Concellos. No caso do Imposto de Bens Inmobles, sobre todo na súa natureza urbana, propoñemos adaptar á realidade actual as bonificacións para as familias numerosas, dado que na ordenanza vixente estaba moi desfasada tanto en valores catastrais como en tipoloxía das familias numerosas. Así como tamén, en función dun debate noutro pleno anterior, imos propoñer a bonificación do 90% da cota íntegra no imposto para as actividades agrícolas (estabulación, cuadras, etc), a excepción da vivenda habitual que se atopen tributando en solo urbano”.
O rexedor subliñou: “ao mesmo tempo quero dicir ben clariño que apostamos por manter os tipos do IBI, é dicir non subimos nada. Hai algúns portavoces municipais, incluso algúns alleos á Corporación, que andan a dicir por aí nos medios de comunicación que imos incrementar este imposto. É mais, si o goberno do Estado, recén constituído neste días decide legalmente aprobar a suba de valores catastrais, tanto para este Concello como para outros moitos, desde o goberno municipal de Ribadeo temos marxe de tempo para compensar esta hipotética suba deses valores catastrais a través da nosa baixada de tipos, para así compensar unha coa outra. Esta é a realidade do que se vai facer e non outra, para que quede ben claro”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



