Foz, 8 de novembro de 2016. O Concello de Foz e o Hospital da Costa organizan un ciclo de charlas médicas que dan comezo este xoves, día 10, ás 20:00 horas na Casa da Cultura focense, onde foron presentadas este martes. Abordaranse temas de otorrinolaringoloxía, reumatolóxicos e relacionados coa alimentación infantil.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que “un ano máis estamos na Casa da Cultura acompañados da xerente do Hospital da Costa, Carmen Durán, e tamén de María José Cortés, que é a subdirectora médica, presentando as charlas médicas que organiza o Concello de Foz a través da Concellería de Consumo”.
Javier Castiñeira sinalou que “son unhas charlas médicas que significan para o Concello e para os veciños de Foz ese achegamento do Hospital da Costa e dos facultativos que traballan nel aos concellos. Neste tipo de charlas os veciños de Foz e da Mariña enteira e todos aqueles que queiran participar teñen un achegamento dos facultativos aos doentes e aproveitase ademais a circunstancia para facer unhas charlas sobre diferentes temas interesantes relacionados co mundo da medicina e sobre todo con especialidades que hai no Hospital da Costa”.
O rexedor municipal salientou que “desde o Concello temos que agradecer a dispoñibilidade sempre de todos os directores e xerentes do Hospital da Costa de Burela e agora especialmente da actual, Carmen Durán. Non é fácil sacar tempo da actividade normal dos facultativos e a organización dun hospital non é sinxela; desde logo estamos atarefados todos para canto máis o Hospital da Costa”.
Javier Castiñeira lembrou que “nestes próximos anos hai boas novas para o Hospital da Costa, cun proceso de ampliación co cal todos estamos contentos e iso significa moito máis traballo para os que xestionan esta infraestrutura tan importante para o noso concello”.
O alcalde de Foz insistiu en “agradecer a dispoñibilidade do Hospital e tamén dos facultativos Eduardo Maseda Álvarez, que vai dar unha charla sobre otorrinolaringoloxía; a pediatra Mercedes Rodicio e o reumatólogo José Manuel Lema que rematará as charlas médicas”.
Para rematar Javier Castiñeira manifestou: “esperámosvos a todos desde o día 10 todos os xoves que quedan deste mes ás 20:00 horas na Casa da Cultura nas charlas médicas do concello de Foz”.
Pola súa banda a xerente do Hospital da Costa, Carmen Durán, empezou a súa intervención agradecendo “en primer lugar al Concello de Foz, y permitidme la licencia de personalizar en la figura de Javier, el habernos invitado una vez más al Hospital da Costa a participar en estas charlas médicas, que bajo mi punto de vista cumplen un doble objetivo: el primero es hacer que nuestro hospital sea abierto a toda la población, poder contribuir a la educación sanitaria de nuestros pacientes y con ello potenciar a través del conocimiento y de la información la capacidad de autocuidado”.
Carmen Durán subliñou: “hemos pretendido con estas tres charlas tocar tres temas que nos parecían de interés para todo el mundo por su prevalencia, ya que son patologías muy frecuentes y con algún tipo de recomendación, consejo e información podemos hacer que la población ponga en marcha medidas que le puedan hacer mejorar de su patología, prevenirla y fomentar el autocuidado. Vamos a hablar de temas de otorrino, reumatológicos como la artrosis, que es una patología de elevada prevalencia en nuestra población; y, por último, también se va a abordar la obesidad infantil, que como sabemos está de rabiosa actualidad dado que el porcentaje de niños obesos cada vez es mayor, lo cual es debido al cambio de hábitos alimenticios y también al sedentarismo”.
Finalmente a subdirectora médica do Hospital da Costa, María José Cortés, detallou que “o primeiro poñente, o xoves día 10, vai ser o doutor Eduardo Maseda, que é un dos otorrinos do equipo médico do Hospital da Costa. El vai falar dunha forma comprensible dos síntomas máis frecuentes en otorrinolaringoloxía, como poden ser que facer no caso de presentar unha hemorraxia nasal, que facer en caso necesitar unha limpeza de oídos; cousas do día a día. Unha parte importante da charla tamén vai estar dirixida a síntomas de alarma no caso de sospeitar que poida haber unha patoloxía grave na zona de gorxa, nariz e pescozo, sempre dun xeito comprensible para todos”.
María José Cortés engadiu que “o xoves día 17 vai estar a doutora Mercedes Rodicio, que é unha das pediatras do Hospital e que nos vai falar da obesidade infantil e da alimentación do neno san. Este tema é especialmente importante porque seguro que entre as persoas que asisten ás charlas imos atopar sobre todo a pais e nais, e tamén avós e avoas, que se ocupan de preparar as comidas, as merendas e as ceas dos nenos; e a doutora vainos facer saber o importante que é a alimentación no neno para despois ter unha vida de adulto san, para a prevención de factores de risco cardiovascular, como é a obesidade, que hoxe en día é un problema de saúde moi importante”.
Para rematar Cortés sinalou que “por último teremos o xoves día 24 ao doutor José Manuel Lema, que é reumatólogo e ademais co valor engadido de que ademais é médico de familia, e vai falar do tema da artrose aportando unha dobre visión tanto a do médico de familia como a do especialista. Vainos falar dos síntomas, do que podemos facer para previr as limitacións e as incapacidades que xera esta enfermidade que é tan prevalente na nosa poboación”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



