A efeméride (20 de novembro), data de 1954; a Liga de Nacións establece que “a Humanidade debe ós nenos o mellor que pode ofrecer”. Día para a comprensión entre os nenos, polo benestar e polos dereitos dos rapaces do mundo.
En 1971 celebrouse en Foz a 1ª Feira da Arte Popular Galego,, iniciativa pioneira, á que acudiran artesáns de toda Galicia. Seguindo a pista a éstes ,soubemos que a Cidade dos Muchachos de Ourense, Bemposta, dispuña dun espectacular”stand” no que, á vista do público, mais de 50 artesáns dos seus talleres, producían e vendían pezas de alfarería, madeira torneada, zocas, serigrafía, coiro repuxado, forxa, cestería, encaixes de Camariñas… Un vello amigo franqueounos a porta do P. Silva, fundador da institución, ao que visitamos para solicitar del a presencia do stand na feira de Foz, feito que se consumou na inmediata de 1972. Moitos outros artesáns ,a título personal, completaban a que foi a demostración artesà de magnitude nunca ata entón coñecida por estas latitudes, como a chantadina Elvira Rodriguez Osorio, daquela a mais prestixosa tecelá de Galicia, con obra espallada por media Europa,, en mans das mais outas personalidades. Pepe de Burón, tallista focego, presentara a súa xenial imprenta Gutemberg, que, tallada en madeira , realizara a minerva e tipos de letra, imprimindo para os visitantes; algo tan exitoso e solprendente, por nunca visto. A rede galega de telelclubs montara unha sensacional mostra con grande surtido de pezas orixinais, descoñecidas para o gran público, etc… A novidade que a Feira significaba atraera exursións de provincias limítrofes.
Era a primeira vez ,trala guerra civil, que en Foz ondeaba en acto público e multitudinario a bandeira galega, que permañeceu izada nas tres edicións da feira cos atrancos e os riscos doados de maxinar…
O coro de 60 voces de Bemposta gravara un disco coa asistencia de músicos insignes, como o francés Frank Pourcel dirixindo, entre outras, a canción “ Os dereitos do neno”, peza singular que resume a filosofía que inspirara a obra do P.Silva., apóstolo na defensa e protección da infancia desvalida. Dí así: “1º tódolos nenos nacen libres e iguais no amor. 2º: todo neno ten dereito a esixir contas á Sociedade polo mundo que ésta lle preparou .3º: todo neno é libre como o aire que respira, sempre que éste non estea contaminado. 4º: a verdade sae da boca dos nenos: todo neno ten dereito a comunicar os seus pensamentos e opinións ós adultos que o arrodean. 5º: tódolos nenos deben pagar en prioridade ó tesouro familiar o seu imposto de amor. 6º: todo neno é libre de protestar polo traxe de mariñeiro que o obrigarán a vestir entre os cinco e catorce anos. 7ª: todo neno é inocente ata que sexa declarado culpable de chegar a home. 8º : todo neno é responsable dos futuros fillos do home que será un día…”.
P.D. : O día da visita a Bemposta para solicitar do P. Silva a presencia do “stand” na feira de Foz, celebràbase no Pavillón de Deportes das Burgas unha edición do “Certame da Canción do Miño” , ó que asistimos. Resultara trunfador/revelación da noite o que dende entón e, aínda hoxe, un nomeado cantante da nosa terra: un mozo, mariñeiro de Moaña, chamado : Xil Ríos.
Suso Fernández



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



