O Goberno da Deputación leva ao Pleno de novembro, que terá lugar o martes 29, os pregos da concesión do primeiro Centro de Recría de gando vacún público en España por valor de 40 millóns de euros, que é a valoración económica destas instalacións e dos terreos onde se afincan, para abrilo na primavera.
Así o avanzou este venres o voceiro do Executivo Provincial, Álvaro Santos Ramos, que explicou que estes pregos foron elaborados por unha Comisión Técnica, na que participan reputados expertos da USC, como Francisco Sineiro e Eduardo Yus.
Implican unha xestión pública de concesión de servizos, que conte coa participación directa do sector gandeiro, por un período de 15 anos, que poden ser prorrogables. É o modelo que estes profesionais valoraron como o “máis idóneo” para acadar a maior rendibilidade económica do centro de recría en beneficio dos gandeiros.
Supón o control directo e público destas instalacións por parte da Deputación, que velará polo cumprimento dos pregos. Por exemplo, que os prezos da recría sexan máis vantaxosos que os dun centro privado. No caso de incumprimentos, poderase sancionar á concesionaria, podendo inclusive rescindir esta concesión.
Santos Ramos apuntou que o modelo de xestión foi aprobado no Pleno de xuño polo Goberno, pois o Partido Popular abstívose, posto que apostaba por un modelo de xestión demanial, que implica a desvinculación total da administración pública e, polo tanto, a privatización do centro de recría.
Unha vez aprobados os pregos no Pleno de novembro, o seguinte paso será publicalos no Boletín Oficial da Unión Europea debido a súa valoración de 40 millóns de euros. Tras a súa exposición pública, a concesión podería resolverse nuns 60 días polo que os primeiros exemplares entrarían no centro de recría na primavera.
Mentres non se resolve este proceso, o Goberno acordou este venres na Xunta de Goberno levar a cabo as melloras nestas instalacións que recomendou a Comisión Técnica. Consisten en facer cubertas nos 6 pasillos que hai entre os 200 boxes, onde se afincarán os animais dende que entran no centro, cuns 15 días, e ata, aproximadamente, os 6 meses, cando se trasladan ás 14 naves de recría.
Son actuacións recomendas, que non obrigatorias, pois estes pasillos non están cubertos na maioría destas instalacións, pero que se executan para favorecer o benestar animal. Deste xeito, evitarase que as condicións climatolóxicas afecten aos exemplares.
Estas melloras están valoradas en 300.000 euros, que se inclúen na partida de 12 millóns de euros que a Deputación achegou ao proxecto de construción do centro de recría, cuxas obras están totalmente executadas, e que, finalmente, tras a baixa nesta contratación, tiveron un custo de 10 millóns de euros. O prazo máximo destes traballos é de 3 meses, coincidindo co período de previsión da apertura destas instalacións.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



