O Executivo da Deputación aprobou este venres en Xunta de Goberno as actuacións do Plan de Aforro Enerxético do organismo provincial nos Concellos de menos de 20.000 habitantes. Trátanse de 61 melloras en alumeados públicos, 30 instalacións de caldeiras da biomasa e 9 illamentos térmicos en instalacións públicas municipais de 66 municipios, pois todos se sumaron a esta iniciativa, totalmente gratuíta para as entidades locais, ao estar financiada na súa totalidade pola Deputación, tal e como decidiu o presidente, Darío Campos Conde, cun total de 1,5 millóns de euros.
Aprobados este venres os traballos que cada Concello decidiu levar a cabo en base as súas necesidades unha que que foron trasladados durante as últimas semanas á Deputación; os municipios recibirán agora un anticipo do 90% do orzamento que lles corresponde para contratar e executar as obras, tal e como acordou Campos Conde. Polo tanto, o organismo provincial ingresará coa máxima axilidade nas arcas municipais 1.350.000 euros. O 10% restante concederáselles tras xustificar ao organismo provincial o remate das actuacións.
O Goberno da Deputación decidiu distribuír os fondos totais de 1,5 millóns de euros deste plan entre os 66 Concellos en base a criterios totalmente obxectivos: superficie, densidade de poboación, núcleos poboacionais e esforzo fiscal. Isto supón que cada municipio reciba entre 16.000 e 46.000 euros.
Con estes cartos, o Executivo Provincial ofreceu os Concellos financiar melloras na rede de alumeado para aforrar máis dun 20% na factura anual pola luz; instalacións de caldeiras ou estufas de biomasa, así como novas redes de calor, que permitan reducir os custos térmicos ata nun 40% ao ano; ou illamentos térmicos, que facilitan o 10% de aforro na factura anual da calefacción.
O Plan Enerxético da Deputación nos Concello é unha aposta persoal do Presidente, pois como Alcalde que tamén é coñece o importante esforzo económico que supón para os Concellos asumir os necesarios custos enerxéticos. Hai que ter en conta que, por exemplo, nun Concello de menos de 5.000 habitantes a media do gasto tan só polos custos da luz municipal é de 200.000 euros ao ano.
Actuacións nos Concellos da Mariña
Os Concellos da Mariña reciben 350.000 euros da Deputación para as seguintes melloras enerxéticas:
-Alfoz: 11.987,48 euros para instalar iluminación eficiente no núcleo de Gordival, na Parroquia de Bacoi, e 10.587,15 euros para mellora da envolvente térmica no Castelo de Castrodouro.
-Barreiros: 19.216,42 euros para illamentos térmicos (fiestras), na Casa do Concello.
-Burela: 15.858,21 euros para melloras na eficiencia enerxética da rede de alumeado público na Rúa A Veiga, Rúa Mondoñedo e Praza da Mariña.
-Cervo: 19.216,42 euros para melloras e ampliación na rede de alumeado público da Avenida Veiga.
-Foz: 19.216,42 euros para melloras na rede de alumeado público.
-Lourenzá: 19.216,42 euros para melloras na rede de alumeado público.
-Mondoñedo: 20.335,82 euros para melloras na rede de alumeado público
-Muras: 24.813,43 euros para illamentos térmicos (fiestras), na Casa do Concello.
-Ourol: 27.052,24 euros para reformar a cuberta no Centro Social de Miñotos.
-A Pontenova: 18.097,02 euros para melloras na rede de alumeado público na Estrada Taramundi, acceso polígono industrial, e nas parroquias de Conforto, Goyos, Villaoudriz e Vilaboa.
-Ribadeo: 23.694,03 euros para renovación na rede de alumeado público da Rúa Amador Fernández e outras.
-Riotorto: 12.977,60 euros para melloras na rede de alumeado público e 4.000 euros para a renovación de fiestras no edificio de titularidade municipal situado na area recreativa Ferreiravella.
-Trabada: 20.335,82 euros para melloras na rede de alumeado público na Ría de Abres.
-Valadouro: 23.694,03 euros para melloras na rede de alumeado público.
-Vicedo: 20.335,82 euros para melloras na rede de alumeado público na aldea de Randamil.
-Viveiro: 31.529,85 euros para melloras na rede de alumeado público no barrio de Penjamo.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



