O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza, dentro do seu ciclo Falemos de …, unha charla café en Ribadeo, na que se tratará o tema das maternidades.
O acto terá lugar o venres 18 de novembro ás 20.00 horas no Bar Amodiño. A
relatora nesta ocasión será Beatriz Gimeno, muller moi vencellada ao activismo social e feminista, á loita pola diversidade sexual e polos dereitos das persoas con
discapacidade.
Propoñemos este debate partindo da necesidade de entender a maternidade como
unha opción libre e desexada, nunca sentida como unha obrigación polo mero feito de ser mulleres. As formas de exercer a maternidade son moi diversas e ningunha se pode sentir cuestionada por elexir unha ou outra. Cómpre desmitificar a figura idealizada da nai e da maternidade e falar claramente de todas as dúbidas e problemáticas que xorden á hora de decidir dar ese paso.
No Observatorio pretendemos abrir debates produtivos, e dar a coñecer distintas problemáticas que afectan de forma específica ás mulleres. As charlas café tentan fuxir do formato de conferencia tradicional xa que o público pode interactuar coas relatoras ao mesmo tempo que toma unha consumición nun ambiente máis informal, agradable e acolledor.
Convidamos a todas a persoas interesadas a que asistan a esta charla e tamén aos medios de comunicación da Mariña para que lle dean publicidade e cobertura a este evento.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



