Foz, 10 de novembro de 2016. Este venres terá lugar o segundo Campañazo de novembro, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. Cada venres deste mes destínanse 300 euros para o Campañazo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados.
O Campañazo pódese seguir en directo a partir das once da noite a través de Radio Foz, no 107.4 da FM. Aquela persoa que cante o Campañazo deberá chamar rapidamente á emisora desde o local no que estea a seguir o sorteo. E o mesmo deberán facer o resto de premiados cada venres pola noite.
Un total de 60 establecementos comerciais e hostaleiros participan no Campañazo do Centro Comercial Aberto de Foz, unha iniciativa que xa está consolidada, porque leva varios anos celebrándose nos meses de novembro e de xaneiro.
Entregados os primeiros premios
Nas últimas horas foron entregados os premios aos gañadores do venres pasado, do 4 de novembro. Sandra Feito Fernández cantou o Campañazo e recibiu 300 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados ao Centro Comercial Aberto. Sandra seguiu o sorteo en Xoyma e conseguira o seu boleto na Farmacia Antonia Ulloa. A premiada recibiu o seu agasallo de mans de Olaya Pedrosa, secretaria de Acia/CCA de Foz, que estivo acompañada por representantes de Xoyma e da Farmacia Antonia Ulloa. Os outros 300 euros en vales de compra repartíronse entre dez persoas.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



