Cervo, 29 de decembro de 2016. A asociación Arroutada coa colaboración do Concello de Cervo organiza a segunda edición da carreira San Silvestre San Cibrao, que se celebrará este sábado, día 31 de decembro, a partir das 11:30 horas. A proba foi presentada polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e por un representante do colectivo Arroutada, Marcos González.
O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, anunciou que “este evento terá lugar este sábado, 31 de decembro, día de fin de ano, a partir das 11:30 horas con saída e chegada na Praza dos Campos, de San Cibrao. Os máis pequenos farán un corto percorrido, dando voltas á Praza dos Campos, e en función das idades. Para os adultos está disposto un recorrido duns 3 quilómetros, ó carón da ría. Na carreira poderán participar de xeito gratuíto todos aqueles veciños e visitantes que o desexen, sen límite de idades, con só inscribirse na mesma praza a partir das 10:30 horas. Ademais aqueles participantes que decidan vir disfrazados para participar na San Silvestre San Cibrao 2016 poderán optar a premios en función da categoría e da calidade do disfrace, entendendo por categorías individual, parellas ou grupos”.
José Ramón Soto engadiu que “esta é unha das moitas e variadas actividades que dende o Concello de Cervo se están a organizar con motivo destas vacacións de Nadal coa intención de que os nosos veciños, e sobre todo os nenos e nenas, poidan gozar facendo deporte colectivo, que ó mesmo tempo serve para manter o contacto entre eles”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
