Ribadeo, 16 de decembro de 2016. O pleno extraordinario da Corporación Municipal de Ribadeo que se celebrará o vindeiro martes, día 20, ás 20.00 horas tratará unha proposta do alcalde, Fernando Suárez Barcia, para solicitar á Xunta de Galicia a inmediata contratación dun médico para a quenda de tarde no Centro de Saúde ribadense.
O rexedor explica na proposta que “diante a preocupación amosada por moitos usuarios e usuarias do Centro de Saúde de Ribadeo, mesmo concretada en reclamacións formais e por escrito ante o SERGAS, e tamén ante a inquietude manifestada polo grupo municipal socialista, desde esta Alcaldía queremos propoñer o seguinte texto como declaración institucional da Corporación Municipal de Ribadeo:
Vista a preocupación amosada pola carencia dun médico de familia polas tardes no Centro de Saúde de Ribadeo, facemos chegar á Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia o seguinte:
É público e notorio que ao longo destes anos os axustes levados a cabo pola Xunta de Galicia afectaron de xeito moi relevante (entre outros ámbitos) á calidade da atención sanitaria.
É ben coñecido por todos que a maneira de xestionar a contratación de persoal substituto para cubrir as baixas converteuse nunha carreira de desatinos constantes que levan a falar de contratos por días soltos, mesmo día a día.
Como usuarios da sanidade pública precisamos de profesionais con estabilidade no seu posto de traballo que poidan familiarizarse cos seus pacientes e desenvolver o seu labor con certa perspectiva temporal. Se cada vez que imos ao centro de saúde nos atende unha persoa que non nos coñece, por moita atención e interese que poida poñer no seu traballo, non poderá levalo a cabo do mesmo xeito que se levara un tempo no seu posto.
Despois de escoitarmos as reaccións do Delegado Territorial da Xunta, D. José Manuel Balseiro, acerca da negativa dada por varios facultativos convocados para cubrir esta praza de médico de familia para a quenda da tarde no centro de Saúde de Ribadeo, tan só nos queda esixir da Consellaría de Sanidade, que convoque unha praza en condicións, estable, e que se deixe de marear o peixe propoñendo contratos precarios de reducida duración, que o único que fan é provocar o rexeitamento desa praza.
Non se poden argüír argumentos falaces indicando que non se poden crear novas prazas; neste caso a praza xa está creada, tan só hai que ter a vontade de ofertala como substitución dunha persoa que causou baixa. Aproveitar a ocasión para meter a tesoira no orzamento e querer aforrar a costa da calidade da atención sanitaria é un acto de covardía política ao que lle hai que poñer fin xa.
Por todo isto, esiximos a inmediata contratación de xeito estable dunha persoa que desempeñe as funcións de médico de familia na quenda da tarde no Centro de Saúde de Ribadeo”.
Na mesma sesión plenaria tamén se vai tratar a modificación da ordenanza reguladora do impostos de bens inmobles (IBI), o plan estratéxico de subvencións para 2017, a modificación puntual da RPT municipal e o orzamento do Concello para o vindeiro ano.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



