Foz 29-12-16. Nas instalacións do Centro Comercial Abierto tivo lugar a entrega de premios aos gañadores do Sorteo de Nadal, realizado o pasado 27 de decembro a través de Radio Foz.
No xogo puxéronse 1.000 euros en vales de compra, repartidos en 10 vales de 100 euros cada un.
Os dez afortunados e afortunadas como Toñita, María, María Luisa e Miguel poderán gastar os seus premios nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz antes do próximo 6 de enero.
Olaya Pedrosa, a secretaria da asociación, foi a encargada de entregar os premios.
Todas aquelas persoas que realizaron as súas compras do 17 ao 24 de decembro nos 38 establecimientos comerciais que participaron na campaña de Nadal de Acia/CCA de Foz recibiron papeletas para entrar no sorteo dos 1.000 euros. O Centro Comercial Aberto focense agradece a clientes e establecimientos a súa participación en dita campaña e anima a seguir facendo as compras destas festas no comercio local e a seguir utilizando a tarxeta do comercio de Foz”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



