Neste pasado pleno do Concello de Foz do 24 de Novembro “Foz, Plataforma de Futuro” presentou tres rogos ó alcalde e o seu equipo de Goberno para a súa realización no menor tempo posible.
O primeiro rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e ó seu equipo de Goberno que procedan á mellorar a seguridade viaria en Vilaxoane, no cruce coa estrada que ven de San Martiño, para que os veciños daquela zoa poidan tirar o lixo nos contedores sen perigo.
O segundo rogo consistía en solicitarlle ó Alcalde e o seu equipo de goberno que procedan mellorar a iluminación do parque Martínez Otero.
E o terceiro rogo que facía FPF neste último Pleno consistía en solicitarlle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a colocar un taboleiro de anuncios en Sta Cecilia, concretamente no barrio do Chao, no comezo da baixada cara a igrexa, xa que na actualidade hai un cacho de madeira.
Neste Pleno tamén “Foz,Plataforma de Futuro” realizou tres preguntas:
-Preguntamos ó Alcalde de Foz en que estado está a moción que foi aprobada por unanimidade no pleno do mes de Maio en relación coa rúa Constitución xa que hai numerosas queixas .
Resposta:Non hai partida presupostaría,pero intentarase aproveitar a mellora dalgunha obra para a execución desta moción.
-En que proceso se atopa a posible contratación dun novo traballador para a radio municipal do noso Concello para substituír o traballador que pídeo a excedencia.
Resposta:En estado administrativo, os técnicos municipais non dan sacado para diante mais cousas xa que son numerosas as que hai.
-Agora que se acerca o Nadal,preguntamos ó Alcalde si se ten pensado dende o Concello,poñer algunha iluminaría nas parroquias e non so no casco urbano como reclamamos dende FPF a principios deste ano.
Resposta:En principio non , pero si as AA.VV se poñen en contacto co Concello e as solicitan se podería de mirar de colaborar con elas para colocalas.
Animamos ás AA.VV das nosas parroquias se dirixan ó Concello, para solicitar que se instale algunha guirnaldanavideña na súa parroquia.Dende FPF entendemos que xa debera ser o equipo de goberno o que tomara esta iniciativa, e así todas as nosas parroquias tiveran un detalle navideño nestas fechas.