Lugo, 26 de decembro de 2016. O voceiro do BNG na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, anunciou o voto en contra da proposta da presidencia para conceder unha axuda “excepcional” de 100.000 euros á Confederación de Empresarios de Lugo. Ferreiro sinalou que “é unha subvención inxustificable que se concede de xeito arbitrario a esta organización de empresarios para os seus gastos ordinarios de funcionamento”. “Entendemos que a Deputación debe apoiar aos concellos non aos chiringuitos dos empresarios” dixo Xosé Ferreiro.
Ferreiro explicou que o PSOE levará esta proposta de concesión desta subvención excepcional ao Pleno da Deputación que deste mes de decembro e sinalou “o BNG non vai apoiar esta proposta por considerala arbitraria e destinada a unha organización que ten unhas finalidades moi concretas que pouco teñen que ver co desenrolo destas provincia”. “Entendemos que a Deputación debe apoiar aos concellos non aos chiringuitos dos empresarios” dixo Xosé Ferreiro e resaltou que “conceder axudas a este tipo de organizacións non é competencia directa da Deputación”.
Para o BNG “esta é outra das ocasións nas que a Deputación pretende na entregar cantidades moi importantes de cartos ás organizacións empresariais”. Ferreiro lembrou o intento de sanear as contas da cámara de comercio mercando a sede que esta entidade ten na av. de Ramón Ferreiro de Lugo. O voceiro do BNG explicou que esta axuda xa se concedeu en anos anteriores por decisión directa do presidente e nunca contou co apoio do BNG “tratábase dunha axuda directa asinada polo presidente dentro da partida que se reservaba nos orzamentos para este tipo de axudas directas da presidencia”.