Cervo, 28 de decembro de 2016. O Concello de Cervo entregou hoxe, mércores, axudas para compra de libros e material escolar ás familias de 10 alumnos e alumnas do Ceip Cervo Nº 1, de San Ciprián. No acto participaron o alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Educación, Dolores García.
O rexedor municipal explicou: “vimos de entregar as axudas destinadas neste caso para a adquisición de libros e material escolar de alumnos e alumnas que fan o segundo ciclo de educación infantil no Ceip Cervo Nº 1. É outra das liñas de axudas educativas que temos dispostas no Concello de Cervo para que ás familias poida resultarlles menos gravoso os estudios dos seus nenos e nenas. Neste caso fixemos unha división para o colexio de Cervo e o de San Ciprián, que é unicamente porque nun centro teñen un procedemento á hora de pedir o material escolar e no outro teñen un sistema distinto. Por iso hoxe se entregaron as axudas unicamente para as familias de alumnos do Ceip Nº 1, de San Ciprián. Foron en total 10 axudas dun máximo cada unha de 130 euros, cantidade que non se chegou a cubrir por ningún dos solicitantes e perceptores. Pero aproveitamos para falar con eles e ver a posibilidade de que para o vindeiro curso se dean estas axudas, ao igual que para o colexio de Cervo, ao final de curso, para intentar que se poida cubrir o máximo posible a cantidade que temos estipulada desde o Concello de Cervo para estas axudas educativas”.
A edil de Educación comentou que “son axudas educativas polas que vamos seguir apostando, ao igual que polas que tamén entregamos esta semana aos rapaces que estudan fóra do noso concello e igual que as que concedemos ás Anpas e aos centros educativos do concello de Cervo. Todo isto a maiores das distintas obras de infraestruturas, de melloras e de mantemento que estamos a abordar continuamente tanto nos dos colexios de Infantil e Primaria do noso concello como tamén no instituto Marqués de Sargadelos e na escola infantil. Son exemplos da aposta do Concello de Cervo pola educación, que imos seguir mantendo nos vindeiros anos e incrementando na medida das nosas posibilidades”.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



