Mondoñedo, 12 de decembro de 2016.- O Concello de Mondoñedo pecha a temporada de visitas á Cova do Rei Cintolo cos mellores resultados dos últimos dez anos, incrementando ata nun 36% a afluencia de visitantes con respecto a 2015 e nun 54% en relación a 2014 (último ano de Goberno do bipartito).
A alcaldesa da localidade, Elena Candia, salienta a importancia destas cifras que “avalan o nosa aposta por este recurso” e adianta que “seguiremos impulsando a cova como principal reclamo turístico mindoniense” ao que engade que “informaremos da próxima data de apertura deste recurso aos visitantes”.
Tempada 2016
A campaña 2016 comezou o 21 de marzo e rematou o 10 de decembro batendo o récord de visitas da última década, xa que ao final da tempada teñen pasado pola cova 1.191 persoas.
Ano Visitantes 2016 supera en persoas
2015 763 +428
2014 546 +645
2013 862 +329
2012 963 +228
2011 825 +366
2010 981 +210
2009 1050 +141
Ao realizar a comparativa con anteriores anualidades, no 2016 obtívose un incremento de visitantes con respecto ao 2009 (último mellor ano anterior) de 141 persoas , é dicir, un 12%. O incremento en relación co ano pasado foi de 428 persoas, é dicir, a afluencia de visitantes subiu nun 36%. No 2014, desprazáronse 645 persoas menos ata a Cova do Rei Cintolo, o que supón que se duplicaron as visitas dende fai dous anos (incremento dun 54%).
O número de visitantes repartiuse por meses do seguinte xeito: en marzo, 72 persoas; en abril 110 persoas; en maio 129; en xuño 84; en xullo, 192; en agosto 286; en setembro 149; en outubro 55; en novembro 61 persoas e en decembro 53 persoas.
897 persoas procederon da comunidade autónoma, sendo A Coruña a cidade que máis aporta; 294 chegaron do resto de España, especialmente de Madrid, e os restantes son turistas internacionais (existe un número moi reducido que non foi identificado pola súa procedencia).
Forte aposta do Goberno local
A alcaldesa de Mondoñedo destaca que a Cova é un “dos principais reclamos turísticos da cidade” de aí que “estamos a apostar fortemente por este recurso e seguiremos a traballar neste eido para impulsar a Cova do Rei Cintolo”.
No marco deste traballo de posta en valor deste reclamo turístico, a alcaldesa cita especialmente o proxecto consistente no acondicionamento da entrada á cavidade natural cunha pasarela de madeira respectuosa co medio ambiente para facilitar aos turistas o paso a este enclave. Esta actuación supón un investimento de 80.000 euros, financiado na súa totalidade a través dunha subvención da Xunta de Galicia.
Ademais, a rexedora local cita, por exemplo, o convenio asinado coa Federación Galega de Espeleoloxía que permitiu mellorar o horario e unha maior flexibilidade de acceso á Cova do Rei Cintolo.
Así, o traballo do goberno local vese avalado en cifras, segundo remarca Candia, quen engade que “seguiremos impulsando a cova mediante un plan de promoción da mesma, que tamén levaremos a cabo”.




















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



