Santiago, 22 de decembro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou este xoves a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar a creación dunha consulta especializada de enfermería oncolóxica no Hospital da Costa de Burela. O obxectivo é que este servizo complemente a prestación asistencial do novo hospital de día de oncohematoloxía posto en marcha na pasada lexislatura e que está a contribuír dun modo altamente eficaz á mellora da atención, tratamento e calidade de vida dos enfermos de cancro.
A deputada popular Encarna Amigo afirmou que esta consulta de enfermería oncolóxica no Hospital de Burela permitiría “seguir mellorando e complementando” o hospital de día de oncohematoloxía posto en marcha en novembro de 2014. En concreto, dixo que “hoxe existen dúas enfermeiras que atenden este servizo e o que queremos é reforzalo cunha enfermeira máis especializada na atención deste tipo de doentes, onde a sensibilidade e a transmisión de información específica é fundamental”.
“A posta en marcha da consulta de enfermería oncolóxica permitirá que os doentes conten cun persoal encargado de explicarlles os coidados que teñen que seguir, os efectos dos tratamentos e as fórmulas para palialos e, en xeral, resolver todas as dúbidas ou calquera cuestión referente á enfermidade”, apuntou a deputada popular.
Así mesmo, Amigo engadiu que esta nova consulta permitirá “diminuír o grao de ansiedade que produce a enfermidade e axilizar os procesos de valoración, así como a frecuencia das visitas dos pacientes á área de urxencias, como garantía para mellorar os obxectivos terapéuticos e de calidade de vida dos enfermos”.
PAPEL ESPECIAL
A deputada do Grupo Popular destacou que “os profesionais de enfermería oncolóxica “teñen un papel moi especial en ámbitos tan importantes como a prevención de complicacións e a detección e control dos efectos secundarios, coa finalidade de proporcionar atención especializada nos episodios críticos”. Ademais, sinalou que estes profesionais “incorporan aos coidados os aspectos psicosociais do enfermo e da súa familia, para conseguir unha atención integral que responda as necesidades dos mesmos”.
Encarna Amigo explicou que o hospital de día de oncohematoloxía de Burela ocupa unha superficie de 120 metros cadrados e conta con 12 postos para tratamentos “nos que os enfermos de cancro poden recibir os tratamentos de quimioterapia preto dos seus fogares e sen necesidade de desprazarse a Lugo ou A Coruña”. “Aída que a súa implantación foi progresiva ao longo do tempo, desde o mes de setembro as consultas xa funcionan os cinco días á semana, o que significa que o servizo xa está a pleno rendemento”, indicou.

















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



