Burela 28-12-16. Este venres, 30 de decembro, ás 19:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura , a Delegación Municipal de Cultura, presenta o seu último musical do ano e adicado para tódolos públicos. Malasombra Producións achéganos este fermoso musical para toda a familia. As entradas están a venda na Biblioteca Municipal e o prezo é de 5 euros, anticipada e, 7 euros en taquilla.
Os ROCKENSTEIN responde a unha sólida proposta musical e creativa na cal se mesturan á perfección e con selo propio, diferentes formas de expresión como son a música, o baile e o teatro, xunto cun depurado compoñente plástico. Nenos e adultos poderán gozar xuntos, co doutor Rockenstein e as súas criaturas, para compartir un momento único e inesquecible.
A través das cancións orixinais interpretadas en directo, o humor e emotivas situacións, os nenos aprenderán da man destes personaxes a importancia de asearse adecuadamente, de alimentarse ben, a importancia de aprender cada materia que lles ensinan no cole, de escoller un oficio , de coñecer o mundo e as xentes tan diferentes que habitan e tamén do importante que é saber coidar dun mesmo cando é necesario.
No musical o doutor Rockenstein, que é un científico musical que decide crear unha criatura que salve ó mundo da desaparición do Rock´n Roll, e para iso, mestura na súa máquina de experimentos musicais, os ingredientes necesarios para crear unha estrela do rock : Un disco de Elvis, un póster dos Rolling, un calcetín do guitarrista de ACDC, un rizo de Tina Turner…
O experimento resultará… teremos que vir velo e disfrutalo con :
Jouse García no papel de doutor Rockenstein, Xoque Carbajal en Jonh Rockenstein, Celia González en Tina Rockenstein, e Sandra Iglesias no papel de Janis Rockenstein.
Dirixe , Marcos Orsi.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



