Santiago, 05 decembro 2016. Unha delegación formada por 65 persoas pertencentes ao sector cultural galego desprazaranse esta semana a Bruxelas para visibilizar a situación da cultura galega e denunciar que, “por ignorancia ou desinterese” das diferentes institucións, a nosa cultura está sendo “agredida” ao igual que “está sendo agredida a idea dunha Europa dos pobos, xusta e solidaria”. Así van explicarllo ás representantes da Comisión Europea, que recibirán á delegación galega dentro do Parlamento Europeo, no marco dunhas xornadas de exposición e debate organizadas pola eurodeputada Lídia Senra, representante de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).
A delegación que este martes partirá cara a Bruxelas estará formada por persoas dos diferentes eidos da cultura galega, como poden ser do ámbito musical a cantante Uxía Senlle xunto con Santi Cribeiro, Sergio Tannus e Isaac Palacín, o músico de jazz Abe Rábade e varios representantes da Asociación Músicos ao Vivo; o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares; Luís Avilés e César Souto, os directores do documental galego “Os días afogados”, nominado aos Premios Goya 2017; escritoras e escritores como Chus Pato, Xabier Cordal, Teresa Moure ou Oriana Méndez; membros da Asociación Galega de Editoras; persoas do ámbito teatral como a presidenta de Escena Galega, Belén Pichel, ou o dramaturgo e director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Roberto Pascual; representantes da danza como Ruth Balbís; da comunicación, como Camilo Franco ou María Yáñez; do circo, como Belem Brandido; creadores de videoarte e pintura como Alberto Ardid ou o colectivo Fiinda; membros de asociacións culturais como Senunpeso e Papaventos de Vedra, Xermolos de Guitiriz, de diferentes colectivos de Muimenta, da Chave das Noces de Castroverde; da Fundación Uxío Novoneyra, directivos da Sociedade Antropolóxica Galega e de Mariña Patrimonio e SOS Arte Rupestre Galega; así como xestores e críticos culturais e as deputadas de En Marea no Congreso do Estado español, Alexandra Fernández, e no Parlamento Galego, Ánxeles Cuña e Luca Chao.
As actividades dentro desta misión a Bruxelas comezarán xa este martes pola tarde, cunha gala de benvida no Centro Galego de Bruxelas La Tentation, no que baixo o título “Europa, capital Galiza”, a partir das 18:00 horas, se sucederán diferentes presentacións e actuacións artísticas galegas, nun evento aberto ao público que desexe asistir e sen entrada de pago.
Xa o mércores iniciaranse as xornadas de debate e reivindicación no Parlamento Europeo, que se prolongarán durante todo ese día e até o xoves ao mediodía. En diferentes mesas nas que se abordará a situación que atravesa a creación e distribución cultural galega, os dereitos da cidadanía a acceder á cultura e o dereito das e dos traballadores a vivir disto, a produción en lingua galega, a cultura de base, o patrimonio cultural, e tamén haberá tempo para intercambiar impresións con persoas de experiencias culturais doutras nacións sen Estado como son o País Vasco ou Irlanda.
O grupo de AGEe, en estreita colaboración con persoas do sector cultural galego, leva tempo traballando na organización desta viaxe a Bruxelas e ao Parlamento Europeo. En palabras da eurodeputada Lídia Senra, “a cultura galega está sendo actualmente sometida a un baleirado económico e está sendo desprezada por parte de poderes neoliberais que en lugar de apostar por ela e de apoiar a riqueza cultural dunha nación como Galiza parecen estar máis polo seu afogamento e pola uniformidade”. Neste sentido, a europarlamentaria critica que o Goberno da Xunta teña reducido nos últimos catro anos un 44% os seus orzamentos destinados a cultura e reclama que se protexa o patrimonio cultural galego, así como que se garanta que as traballadoras e traballadores do sector cultural galego poidan ter unha vida digna, para acabar con situacións como que o 60% dos actores e actrices da Galiza e o 89% de bailaríns viven por debaixo do umbral da pobreza. Lídia Senra agarda que a misión desta semana en Bruxelas sirva para facer visible a alarmante situación na que se atopa a cultura galega, estudar posibles iniciativas de defensa a levar a cabo a partir de agora e que na UE coñezan de primeira man a realidade.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



