A concelleira de Cultura focense, Silvia Blach, entregou os premios dos certames de poesía e de postais de Nadal organizados pola biblioteca pública municipal de Foz, concursos nos que participaron numerosos alumnos e alumnas dos colexios do concello. O acto tivo lugar na Casa da Cultura
No certame de poesía os premiados son:
CATEGORIA A
Pablo García Martínez – 6 anos
Joaquín Carrera Fernández – 6 anos
Daniela Freixo Forés – 6 anos
CATEGORIA B
Lidia López Fernández– 11 anos
Patricia Maseda Amil – 11 anos
Adriana Fernández Geada – 11 anos
CATEGORIA C
Daniel Barreiro Martínez – 14 anos
Montse Lois Aparicio – 13 anos
Lucía Rodríguez Lanza – 12 anos
E os premios no XV Concurso de Postais de Nadal son:
1º premio categoría infantil A – Carmen López Aguiar (6 anos)
2º premio categoría infantil A – Adrián Villapol Iravedra (5 anos)
1º premio categoría infantil B – Luis Montero Fernández (9 anos)
2º premio categoría infantil B – Cecilia de Jorge Otero (10 anos)
1º premio categoría xuvenil – Ayla Gordon Escobar (11 anos)
2º premio categoría xuvenil – Clara Franco Paleo (11 anos)
Accésits: Luis Berdeal de la Barrera (6 anos), Bruno Rodríguez Docobo (10 anos) e Ayman Mustapha Rasouani Mansri (11 anos).
De entre os premiados a postal elixida para representar ao Concello de Foz na súa felicitación institucional foi a de Luis Montero Fernández (9 anos). Polo tanto o premio especial ao colexio foi para o Nosa Señora do Pilar.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



