Burela 9-1-17.A Selección da Mariña de Fútbol Sala Base pelexará co conxunto alevín na fase final do Campionato Galego de Seleccións Locais Base que se disputará o sábado 21 de xaneiro de 2017 na Estrada. O equipo dirixido por Michael Sante e Andrés López fíxose co billete para a gran cita onte no pavillón Vista Alegre na fase de grupos, impoñéndose 1-4 ao combinado de Lugo; pelexará en semifinais con Vigo.
A Bomboneira foi testemuño doutros tres encontros moi disputados con 6-5 en infantís, 4-3 en benxamín e 5-0 en cadetes.
No grupo de mariñáns e lugueses tamén figuraba a Selección de Lambre, que se retirou da competición, con resolución da Federación Galega de Fútbol Sala de dar os seus enfrontamentos por perdidos con resultado de 6-0.
Infantil: Lugo 6 – A Mariña 5
Benxamín: Lugo 4 – A Mariña 3
Cadete: Lugo 5 – A Mariña 0
Alevín: Lugo 1 – A Mariña 4