Lugo 18 de xaneiro de 2017. O Goberno da Deputación resolveu este mércores a primeira programación de axudas dunha Deputación en España para pilotos de rali, dotadas con 45.000 euros. O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe a listaxe dos 22 profesionais lucenses que resultaron beneficiados destas axudas de concorrencia competitiva, é dicir, ás que puideron optar todos os interesados. O Executivo resolveu tamén a liña de axudas de 470.000 euros dirixidas aos 5 equipos da provincia que compiten en Primeira ou Segunda División Nacional e non son Sociedades Anónimas Deportivas.
Así o comunicou o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, que subliñou que “a través destas axudas, dende o Goberno da Deputación iniciamos unha nova etapa na Área de Deporte. Unha etapa, na que buscamos colaborar con todas as entidades e clubs deportivos da provincia; para apoiar ao deporte base; potenciar a igualdade e a integración no deporte premiar o esforzo deportivo; ou para xerar sinerxías entre os colectivos”.
Rivera Capón apuntou que en total son 22 os pilotos beneficiarios destas subvencións, que van dende 768 euros ata 7.000 euros, concedidas en réxime de concorrencia competitiva. Con estas axudas poderanse sufragar gastos federativos da actividade competitiva, gastos de inscrición para competicións ou probas oficiais, gastos pola compra ou aluguer do vehículo de competición, gastos de transporte do vehículo e material de competición, así como gastos da adquisición de pneumáticos do vehículo.
Axudas de concorrencia non competitiva
O Deputado destacou tamén que se publicaron tamén as axudas de 470.000 euros corresponden ás subvencións de concorrencia non competitiva, dirixidas a equipos da provincia que compiten en Primeira ou Segunda División Nacional e non son Sociedades Anónimas Deportivas. Estes son:
– 164.484,10 euros para o Burela, o único club de España con equipo masculino e feminino en Primeira División de Fútbol Sala.
– 130.839,63 para o Prone, que conta cunha dilatada historia na máxima categoría do fútbol sala nacional. É unha entidade recoñecida internacionalmente, que ten unha forte aposta pola canteira, especialmente, na cidade de Lugo.
– 33.503,41 euros para o Club Perruquería Mixta Friol, que é un claro exemplo de integración e igualdade deportiva. É o único equipo de fútbol feminino nesta categoría, que ganou a Copa Deputación de Lugo nesta categoría.
– 70.192,86 euros para o Club de Baloncesto feminino Ensino, que é outro exemplo de igualdade deportiva. O Club está moi preto de cumprir catro décadas formando a numerosas promocións de xogadoras da provincia e manténdose durante este tempo na elite do deporte.
– 70.980 euros para o Emeve, que é a referencia do voleibol da provincia, un club que loita a diario para dar a coñecer e potenciar un deporte minoritario.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
