O hotel Vila do Val está presente estos días en Fitur. As irmás Becky e Raquel Hermida estanse encargando de manter reunións de traballo para captar máis turistas para as súas instalacións, un hotel rústico con encanto, no pulmón de A Mariña, a moi poucos minutos do mar. Elas están dando a coñecer a riqueza turística de Ferreira do Valadouro e as múltiples posibilidades que ofrece a comarca da Mariña aos seus visitantes.
