Lugo, 16 de xaneiro de 2017. A Deputación mantén activado o nivel de alerta amárelo, debido ás baixas temperaturas anunciadas polos servizos meteorolóxicos coa chegada dunha ola de frío siberiano, que oscilarán entre os menos 2 grados da Terra Chá e o Centro de Lugo, e os menos 5 grados de Pedrafita, A Fonsagrada ou Courel.
Para garantir o tráfico rodado e a seguridade nas estradas provinciais, que ocupan unha extensión de 4.200 quilómetros, a rede viaria dividiuse en 8 zonas que cobren os 67 concellos da Provincia, son as seguintes;
– Zona 1; Vilalba, Xermade, Muras, Ourol, Viveiro, O Vicedo, Xove, Burela e Cervo.
– Zona 2; Foz, Valadouro, Alfoz, Mondoñedo, Barreiros, Ribadeo, Lourenzá, Trabada, Abadín, Pastoriza, Riotorto e A Pontenova.
– Zona 3; Cospeito, Castro de Rei, Meira, Pol, Baleira, Castroverde, Baleira, Láncara, Baralla, O Corgo, Lugo, Outeiro de Rei e Rábade.
– Zona 4;Guitiriz, Begonte, Friol, Palas de Rei, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Paradela, Sarria.
– Zona 5; Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
– Zona 6; Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.
– Zona 7; Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
– Zona 8; Taboada, Chantada, O Saviñao, Carballedo, Bóveda, Pobra do Brollón, Monforte de Lemos e Sober.
O Deputado de Vías e Obras, Argelio Fernández, remarcou que o organismo provincial ten previsto un dispositivo para atender a cada zona da provincia, segundo a extensión da mesma. “Haberá medios mecánicos que estarán compostos por: dúas máquinas quitaneves con cuña, dous tractores adaptados con saleiro e cuña e dúas pick up, adaptadas con cuña e saleiro, e dous vehículos de apoio con medios mecánicos. E no que se refire a medios humanos: 14 operarios por zona”.
Argelio Fernández emprazou a todos os usuarios das vias provinciais a circular con precaución “xa que a mellor prevención é sempre a precaución”, resumiu.
Labores de prevención a partir das 17:00 horas
Para respostar ás posibles inclemencias meteorolóxicas comeza hoxe a partir das 17:00 horas, unha labor de prevención coa extensión de sal, que garante que non se formen placas de xeo, e ademais evita a agresividade de outro tipo de fundentes.
Está previsto empregar 300 toneladas de sal repartidos nos 12 silos dos que dispón o parque móbil. Os medios mecánicos serán de tres camións dispersadores en cada unha das zonas, que realizarán un total de 24 máquinas con 48 operarios.
O Servizo de Vías e Obras operativo ás 24 horas
Para garantir a viabilidade nas estradas os medios mecánicos e humanos permanecerán nas bases das zonas de actuación ata remitir o fenómeno metereolóxico adverso, e estarán dispoñibles para responder a calquera actuación que sexa necesaria. O Servizo de Vías e Obras permanecerá operativo ás 24 horas durante esta xornada.
Ata o momento o parque móbil xa empregou 400 tolenadas de sal para realizar preto de 240 actuacións de tratamento preventivo ou curativo en xeo ou neve nas estradas provinciais.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



