Foz 5-1-17. Os Concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro” vimos de comprobar, e así é contrastado por moitos usuarios e usuarias, o pésimo servizo que está a facer o Sergas no centro de saúde de Foz.
A día de hoxe, e xa levan bastante tempo así, hai varios facultativos de baixa. Esta ausencia está a ser “mal cuberta” polos demais facultativos presentes. O Sergas segue sen cubrir as baixas de ditos facultativos o que leva un gran retraso, tanto nas veces como na espera de cada consulta. Retraso e espera que temos que sufrir todos os usuarios do centro e que se está convertendo en que todos sabemos que antes de 2 horas non imos ser atendidos. Servizo que fai que os facultativos presentes teñan xornadas laborais interminables.
Hoxe, mércores, puidemos comprobar que había un facultativo atendendo servizos de urxencias, citas derivadas dos outros médicos que faltaban, citas de pediatría, ademais de atender as súas propias, ou sexa un 4 en 1. Facultativos que moi cansos desta situación, e de que o usuario non se queixe, chega a poñer letreiros na súa porta da consulta coma o que poido ver hoxe que dicía “Debido a falla de médicos no día de hoxe neste centro de saúde, comunícase que soamente se atenderán os casos estritamente xustificados”.
¿E que unha persoa que vai o centro de saúde ten que xustificar a súa doenza pa que sexa atendido?
O veciño ou veciña de Foz ou dos que nos visitan nestes días, ten que sufrir que estean facultativos de baixa porque o Sergas non lle dá a gana de cubrir estas ausencias.
É un exemplo mais dos recortes que o goberno da Xunta de Galicia está a facer na sanidade e que gobernos municipais “afíns” e coas mesmas siglas están a permitir que suceda. Debería darlle vergoña ó goberno municipal de Foz que a sanidade e a educación no noso concello estea “maltratada” polo goberno da Xunta de Galicia.