Burela 10-11-17. O Grupo Municipal Popular do Concello de Burela afirmou hoxe que “os presupostos municipáis para este 2017 non abordan medidas que impulsen a creación de emprego estable e non subvencionado e polo tanto a consolidación da poboación para os populares de Burela.
Os edís do GMP consideran que “os presupostos, os segundos do goberno socialista, deberían marcar as pautas para abordar con decisión os grandes retos que tén Burela, pero quédase en atender aquelas cuetións que teñen que ver co día a día, como o rebacheado de rúas e arranxo de beirarrúas, que teñen a súa importancia, pero que, en contra do que di o alcalde, non xeneran emprego estable a medio prazo”.
Para o GMP, “resulta lamentable que tendo en conta que no Plan Xeral de Ordenación Municipal aparezan dúas áreas de solo empresarial completamente consolidadas, que están destinadas ó asentamento de empresas, que son as que realmente xeneran postos de traballo, e conseguintemente axudan a consolidar poboación, desde a alcaldía se mire para outro lado, nunha mostra de cobardía política e mesmo deixación de funcións, máis preocupada polo que luce que por resolver problemas estructuráis”.
“Por outra banda, afirman desde o GMP, o aumento do gasto social vén dado polo forte incremento dos fondos que a Xunta de Galicia transfire ó concello para estes servicios. Por exemplo, o incremento dun 15% dos fondos destinados a servicio de axuda no fogar modalidade de dependencia, ou a aportación de 118.000’00€ para o centro de atención temperá. O concello non move nin un só euro de fondos propios para incrementar o destinado a servicios sociáis”.
Os edís do GMP afirman que “os gobernos municipáis efectivamente teñen que amortizar a débeda, sólo faltaría que non o fixesen. Por eso hai que decirlle á xente que o crédito da débeda do antiguo concello de Cervo remata de pagarse este ano en que estamos, neste primeiro semestre, e hai que pagalo, lle guste ó alcalde moito, pouco ou nada, polo que non se trata de ter vontade de amortizalo ou non, senon de cumplir os prazos do propio crédito”.
Desde o GMP afirman que, “a pesares dos esforzos do alcalde por vender un presuposto ‘inmellorable’, ademáis de todo o indicado, o presuposto chega tarde, xa que debería estar en vigor o mesmo día un de xaneiro, tal e como marca a lei. Nestes momentos, Burela tén prorrogado o presuposto do ano 2016, a pesares de que os socialistas dixeron que en todo momento ían ter os presupostos en tempo e forma. Xa levan dous presupostos e seguen chegando tarde, o que demostra que o traballo non é o seu fórte. Eso sí, empregan o seus esforzos na política circense, que, casualidades da vida, pagamos relixiosamente dos nosos bolsillos”.