Viveiro, a 16 de xaneiro de 2017. O Grupo Municipal de SON VIVEIRO formulará unha serie de rogos e preguntas para seren debatidos na vindeira reunión do Pleno da corporación municipal.
O estado da ausencia de caudal no que se atopan algúns dos caños da fonte do Cadafalso, na rúa Alonso Pérez, lévanos a suxerirlle ao concelleiro de obras unha investigación que permita unha posterior resolución duradeira deste contratempo. Por outra banda, en xaneiro do pasado ano e a petición do noso grupo, acordouse proceder a pintar un paso de peóns aproximadamente no centro do edificio dos sindicatos, ubicado na marxe dereita segundo se sube pola avenida García Dóriga, efectuando un rebaixamento na marxe esquerda da beirarrúa, fronte ao xa existente na outra banda, que permita facilitar cun mínimo de seguridade o acceso ao mesmo. Ao ter transcorrido máis dun ano deste acordo, solicitamos que esta obra sexa executada á maior brevidade posible.
E, por último, como o prazo da concesión á empresa CESPA dos servizos públicos de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza de espazos públicos no noso municipio remata a finais do presente ano, tivemos en conta que un informe emitido por Intervención o 4 de decembro do 2005 con motivo da modificación do contrato do lixo que na súa exposición final, di: “Según la documentación y consultas realizadas a personas que intervinieron en la tramitación del contrato original, entre las razones que fundamentaron la adjudicación de la concesión a INUSA se encontraba la construcción de la nave mencionada en el término municipal, sin especificarse que fuese en terrenos del Ayuntamiento. La cesión de este terreno, al menos debe suponer un menor canon que debe pagar el Ayuntamiento o el incremento o mejora de los servicios de la empresa sin un aumento proporcional del precio del contrato”, En xuño do pasado ano formulamos unha serie de preguntas ás que a Sra. Alcaldesa respondeu con imprecisións, tales como que a construción de tal nave se efectuaría no Parque Empresarial de Landrove nunha parcela duns 1000 metros cadrados cedida polo Concello, e que o seu tamaño alcanzaría uns 200 ou 300 metros cadrados -malia a de que no punto 7 do Contrato firmado o día 26 de febreiro de 2000 a empresa CESPA se comprometeu a que a súa superficie fose de 505 metros cadrados e estivese dotada, cando menos, dun aparcadoiro-lavadoiro, un taller, un almacén, unha oficina, aseos e vestiarios-.
Interésanos este asunto e por iso preguntamos se se produciu a reunión da Sra. Alcaldesa coa empresa concesionaria, se existe informe xurídico que avale a obrigatoriedade do Concello de aportar a parcela onde se edifique a nave, e tamén por cales son a ubicación, o custo da parcela e da nave e as datas previstas de execución da obra de construción da mesma.
“Todas estas cuestións en torno aos contratos do servizo de recollida de lixo, non son menores cando, en moitos casos, chegan a supoñer o 25% dos orzamentos municipais anualmente”, afirma o seu voceiro Marcos Besada.



















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



