Burela, 03 de Febreiro de 2017. Este xoves no pleno do concello de Burela debatíase o futuro do servizo de recollida de lixo, limpeza de praias e xestión do punto limpo. Despois de liquidar a anterior empresa concesionaria do servizo, á cal o concello lle reclama cerca dun millón de euros; a maioría socialista na corporación municipal aprobou o contrato coa nova titular do servizo, a pesar das propostas feitas durante estes meses polos nacionalistas para evitar estar de novo nas mans do sector privado, que non atende polo interese da veciñanza da vila.
“Nos estamos dacordo con finalizalo contrato coa anterior concesionaria do servizo, pero cremos que é un erro embarcarse noutro contrato cos problemas que estamos a ver que xeran este tipo de xestións. Apostamos dende o principio deste proceso por recuperar o servizo, recomendamos ó equipo de goberno unha e outra vez que valorase a posibilidade de mancomunalo con Cervo, pero semella que xa tiñan claro o seu proceder” sinalou Mario Pillado, voceiro do BNG en Burela. O alcalde tratou de defender a súa intención de recuperalos servizos básicos para o concello de Burela, mais os feitos non din o mesmo, posto que xa coa limpeza de dependencias e instalacións municipais aconteceu o mesmo, unha nova empresa privada acadou un contrato que infla o gasto do concello. “Son xa varias oportunidades perdidas e case van dous anos de lexislatura, case a metade, polo que non temos claro se o que se podía ler no seu programa eleitoral era algo mais que palabras. Tamén se comprometeron a facer público o servizo de abastecemento e saneamento de auga e aínda non fixeron absolutamente nada ó respecto” comentou o nacionalista Pillado.
Seguramente se trata dunha problemática crucial para o desenvolvemento do concello, posto que gran parte do apartado de gastos do orzamento se destina a este tipo de servizos, no que priman os beneficios que ganan as empresas fronte a redución do custe para os veciños, o que facilitaría aumentar as partidas en gasto social, para un plan de emprego ou para desenvolve o sector comercial e turístico. “Burela está estancada por estes mesmos motivos, o que se comproba cada ano nos orzamentos. O goberno socialista xa presentou dous presupostos e aínda non mudaron para nada as políticas anteriores, polo que dentro de dous anos cando remate o contrato que acaban de firmar e coas eleccións de novo ás portas non creo que o vaian facer” recalcou o voceiro do BNG.
Os nacionalistas preguntaron pola situación do aparcadoiro do hospital.
Dende que comezaron as obras no Hospital da Costa, estase a producir unha gran problemática entre os usuarios que teñen que acudir á instalación debido a falta de aparcadoiros e á escasa planificación e sinalización existente na zona. Aproveitando o pleno ordinario, o BNG formulou preguntas acerca deste tema, en concreto: que medidas vai tomar o concello de Burela así como a Mancomunidade de concellos da Mariña (recordar que se trata dun hospital comarcal) e que contactos fixo o alcalde coa Xunta de Galiza para solucionar o problema.
Aparte de recordar a responsabilidade e competencias do hospital na zona do aparcadoiro e sinalar á Xerencia do mesmo de falta de planificación, nin respondeu á cuestión sobre o papel da Mancomunidade e limitouse a dicir que a Policía Local fora a “axudar” negando a evidencia con respecto ás multas. “Nos non somos quen para valorar a quen se lle debe ou non sancionar, pero cremos que este tipo de medidas non serven de solución para a problemática á que nos estamos a enfrontar. Anunciouse a apertura dun aparcadoiro mais grande cando comezaran as obras pero ninguén sabe nada del. O alcalde elude as súas responsabilidades con respecto ós veciños de Burela pero tamén como presidente da Mancomunidade da Mariña, área de influencia do centro sanitario, non ten capacidade para coordinarse coa Xunta de Galiza para dar solucións” finalizou Mario Pillado, sorprendido porque o primeiro edil burelao chegase a negar no pleno as sanción que se denunciaron nos medios nas últimas datas.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



