Foz 17-2-17.Este venres día 17 de febreiro, o CPR Martínez Otero celebra con numerosas actividades adaptadas aos diferentes niveis, a “FESTA DA SOLIDARIEDADE”. Nesta celebración, que para nós é cada día do ano, pretendemos sensibilizar á comunidade educativa sobre un problema que golpea con forza no mundo como é a falta de alimento. Deste xeito, e con esta celebración, tentamos recadar fondos para colaborar con proxectos que Mans Unidas ten abertos en diversos países do terceiro mundo. Este ano, o lema non deixa lugar a dúbidas: “Contra a fame, sementa”. Como reza un dos carteis da campaña, “o mundo non necesita máis comida e si máis xente comprometida”.
Así, entre as 13h30 e as 14h30 deste venres 17, terá lugar o reparto, e consumición, do “bocata solidario”, que os membros da comunidade educativa, que así o desexaron, mercaron a razón de 3,5€. Acto seguido, comezará a “Rifa solidaria”. Cada bocadillo consumido dá dereito a participar nunha rifa na que se sortean 50 lotes de produtos doados por diferentes entidades.