Os alumnos do Ceip San Cosme de Barreiros despediron o día cunha gran Festa de Carnaval baixo a temática de Peter Pan e as aventuras do Capitán Garfio. Os nenos pequenos ían disfrazados de cangrexos, os medianos de peixes e os maiores e profesores caracterizados como Capitán Garfio, Wendy e outros personaxes do conto. Fixeron un desfile polo recinto escolar, cantaron unhas cancións para as familias no pavillón e remataron a festa con doces de Entroido. A actividade foi organizada polos profesores.
Entroido no CEIP San Cosme de Barreiros
Entroido no CEIP San Cosme de Barreiros
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebrou esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo