O colectivo “Por Nuestro Faro” ven de recibir a resposta do Defensor del Pueblo (que se adxunta) á queixa presentada no mes de xullo de 2016 polo incumplimento de diversos trámites no proxecto de Hotel de duas suites no Faro da Illa Pancha. Como se pode apreciar o Defensor de Pueblo danos a razón plenamente en dous aspectos da nosa denuncia. En primeiro lugar no referente á falla dun informe axeitado a dereito en materia de avaliación ambiental en canto á afección a un espazo da Rede Natura 2000, suliñándose as irregularidades por non ter en conta normas europeas, españolas e galegas, tal como vimos denunciando dende hai moitos meses. En segundo lugar pola tramtación por separado dos expedientes relativos á reforma do edificio do antigo faro e da cafetería que se pretendía instalar a carón do mesmo.
Resulta obvio que este informe, pesie a levar un retraso de sete meses tira por terra toda a tramitación deste proxecto tanto no que atinxe á D.X de Portos do estado, como á Xunta de Galicia e ao Concello de Ribadeo. O Defensor del Pueblo remata propoñendo a paralización das obras mentras non se realice unha tramitación correcta e axustada a dereito. Pola outra banda este informe non fai mención da nosa denuncia referente á carencia da Memoria Económica Financiera que exixe o artigo 84 da Ley de Puertos, presuntamente por considerala de menor entidade. O noso colectivo vaise dirixir ao Defensor del Pueblo para lembrarlle este outro aspecto da nosa denuncia e mesmo trasladar o informe ao Concello de Ribadeo para que subsane as deficiencias que son da sua competencia, solicite á paralización urxente das obras á autoridade portuaria e se comprometa na análise rigurosa dos informes pendentes, tanto de afección á rede natura 2000 como o de sustentabilidade económica, porque nengún organismo está en mellor posición que o noso concello para comprender que este proxecto é absurdo e descabellado dende o ponto de vista de viabilidade económica e so pode rematar no desastre e deterioro dun espazo tan prezado como é a Illa Pancha.




















A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.



