Cervo, 13 de febrerio de 2017.- O Concello de Cervo continúa cos traballos de rehablitación e mantemento das diferentes fontes públicas.
Nesta ocasión, o edil de Medio Rural, Plácido Pérez e a concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez, desprazáronse ata a parroquia de San Román, para supervisar os traballos de limpeza e restauración que o Concello levou a cabo na fonte de Villaestrofe.
Neste senso, Pérez sinalou que “se fixo unha actuación integral sobre a fonte e o seu entorno, así, en concreto –engadiu- “procedeuse á limpeza dos caños e do manancial de captación que estaba obstruído, en boa parte, pola maleza e raíces que foron afrorando; ao mesmo tempo que tamén se fixeron traballos para facilitar o acceso ao propio manancial”.
Así mesmo, “limpouse en profundidade todo o entorno e, para mellorar e dirixir o caudal, arrexuntáronse as pedras co fin de que non se filtrara a auga”.
Neste senso, a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, destacou “a importancia de conservar e manter en bo estado estas fontes, que forman parte do patrimonio do noso Concello, e por iso entendemos que temos que dirixir os nosos esforzos e velar porque esteñan en bo estado”
Méndez recordou que, “aínda que destas fontes se surtiron os veciños toda a vida, a auga que emana delas non conta con tódalas garantías sanitarias, é auga que non podemos considerar potable, polo que recomendamos que os usuarios tomen as precaución debidas”.